26 de set. de 2024

DEPORTES

FÚTBOL

O Sporting Guardés recibirá ao Goián, F.C., nun encontro de máxima rivalidade

 Este domingo 29 de setembro, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
 
 Este domingo, 29 de setembro, ás 17:00 horas, no estadio municipal A Sangriña, o Sporting Guardés enfrontarase ao Goián, F.C., encontro correspondente a 4ª xornada da Liga de Primeira de Galicia - Grupo 6.

 O Sporting Guardés, con 7 puntos no seu haber, está situado provisionalmente, na segunda praza da clasificación.
 
 Pola súa banda o Goián, F.C., que ten - polo de agora -, un único punto, está situado no posto 16º - na chamada "zoa quente" - da devandita táboa.

 Dese xeito o encontro deste domingo preséntase con expectativas para ambos equipos. Non hai favoritos, toda vez que, como temos dito, o deporte non é ciencia, e se o fose, non é exacta. O factor humano é fundamental. Por iso, calquer equipo, xa sexa o conxunto visitante, xa sexa o local, terán que sair ao céspede artificial do municipal da Sangriña, cun obxectivo moi definido: acadar a  vitoria.

 Pola proximidade xeográfica e sociolóxica, existente entre Goián e A Guarda, con vencellos familiares entre persoas veciñas dunha e doutra vila, prevemos que o equipo goianés veña acompañado dos seus seareiros, cos cales, os afeccionados do Sporting Guardés, sempre mantiveron moi boas relacións. 

 Nese encontro - de máxima rivalidade comarcal -, non cabe dúbida que vai ser para desfrutar. Co ambiente nas gradas, e de xeito especial, co labor de cada equipo no terreo de xogo. E logo que gañe o equipo que logre más efectividade no tiro á porta.

 En calquer caso, exhortamos aos seareiros guardesistas a acudir al campo municipal A Sangriña para apoiar ao Sporting Guardés, cuxos xogadores veñen facendo un bon traballo. Queda moita liga, mais en todo caso, o rumbo que téñense marcado, non pode ser mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario