22 de ago. de 2024

DEPORTES

Arranca unha nova tempada de fútbol gaélico no Baixo Miño




Gróvias F.G. / A Guarda

 O clube de fútbol gaélico Gróvias F.G. comeza os adestramentos para a nova tempada e busca xente interesada en practicar este deporte orixinal de Irlanda. Unha disciplina de equipa, divertida e diferente.  

 Os adestramentos terán lugar na Guarda, no Campo Municipal da Sangriña, os luns e os mércores ás 20:30. Adestramentos abertos para persoas maiores de 14 anos, os luns mixtos (mulleres e homes) e os mércores femininos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario