17 de xul. de 2024

A GUARDA

O Concello de Vilanova de Arousa presenta a súa  XXXI Festa do Mexillón e do Berberecho, na Guarda  

Este xoves, 18 de xullo, ás 12:00 horas, na praza de Avelino Vicente


Mexillóns ao vapor
Foto: Turismo de Galicia

Infogauda / A Guarda

 A Guarda foi elixido como o lugar de presentación da XXI Festa do Mexillón e do Berberecho, de Vilanova de Arousa. Trátase da maior festa gastronómica dese concello que se celebrará na segunda fin de semana de agosto.  

 O pasado mes de xuño, o Concello de A Guarda presentou a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, en Vilanova de Arousa e, é agora, Vilanova de Arousa quen presenta a súa festa na Guarda.   

 Mañá xoves 18 ás 12:00 horas celebrarase a presentación na praza de Avelino Vicente, onde toda a cidadanía poderá degustar mexillóns e outros platos que se servirán na festa.   

 Á presentación acudirán o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, o tenente alcalde, Javier Tourís, e a concelleira Eliana Vidal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario