5 de xuño de 2024

TURISMO

O Concello da Guarda presentará a XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 

Este xoves 6 de xuño ás 20:30 horas, na Casa de Galicia de Madrid


Vista parcial do interior da carpa na edición precedente da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda    

 O Concello da Guarda presentará a XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. Será este xoves 6 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa de Galicia en Madrid, sita en Casado del Alisal, 8, (Retiro) Madrid.  

 Acudirán desde A Guarda o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero; o tenente alcalde, Óscar Alonso Álvarez; e dous representantes dos restaurantes participantes na festa.  

 A apertura do acto será a cargo do director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez Prado. 

 O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, será nomeado padriño desta edición (que se celebrará os próximo días 5, 6 e 7 de xullo) e fará unha intervención para pechar o acto. O alcalde de Madrid foi escollido polo seu cariño cara a vila guardesa, desde onde o pasado verán comezou o Camiño de Santiago, e pola forte vinculación de ambos pobos, con numerosas familias que viven lonxe por motivos laborais ou estudantís e reúnense cada verán na Guarda.  

 Ao acto, asistirán máis de 70 invitados de diferentes ámbitos, como profesionais da gastronomía, divulgadores, prensa, medios dixitais e diferentes entidades. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario