3 de xuño de 2024

DEPORTES

 ATLETISMO

OS IRMÁNS SIERPES PEREIRA COLLEITARON SEIS MEDALLAS AUTONÓMICAS

Nos campionatos galegos de roteiro de milla e 5km homologados, celebrados na pasada fin de semana


Christian e Álex coas súas respectivas medallas, no monte Santa Trega

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Os irmáns Sierpes Pereira seguen agrandando o seu palmarés atlético e na pasada fin de semana lograron unha nova fazaña nos campionatos galegos de roteiro de milla e 5km homologados, protagonizando unha nova e brillante crónica deportiva. O motivo foi que entre os dous conseguiron nin máis nin menos que 6 medallas autónomicas, varios títulos e 2 mellores marcas galegas na proba do 5km en roteiro das categorías Sub18 e Sub20. 

 Esta vez cruzáronse eses dous eventos para os atletas guardeses, arrincando coa primeira intervención o sábado en Lourenzá (Lugo) que albergou o XV Campionato Xunta de Galicia de milla en roteiro das categorías Sub18, Sub20, Sub23 e Absoluto, nunha proba única, onde Álex por unha banda, cun rexistro de 4´31", fíxose co ouro e proclamouse campión galego Sub18 (xuvenil), entrando á vez en 3º lugar na máxima categoría absoluta, facéndose coa medalla de bronce, pisando por primeira vez un pódium absoluto aos  seus 15 anos. E doutra banda Christian estableceu marca persoal 4´40", e conseguíu o bronce na categoría Sub18. 

 Xa o domingo en Carballo (A Coruña) a historia continuaría coas súas respectivas intervencións,  disputando 5 km en roteiro, tamén das mesmas categorías, sobre un circuíto - de perfil duro . homologado, polo centro da cidade, onde novamente Álex proclamouse campión galego da súa categoría Sub18, entrando sorprendentemente, en 2º lugar, conseguindo a prata e o subcampionato galego absoluto, facéndose de novo con outro metal na máxima categoría, mellorando de novo os seus propios récords galegos que o mesmo posuía, nas categorías Sub18 e Sub20, quedando actualmente en 15´07". 

 Na mesma carreira Christian, cun rexistro de 16´06" facendo marca persoal, logrou esta vez a prata e o subcampionato galego da categoría Sub18. 

 Moitas felicidades aos seus respectivos clubs Atletismo Trega (Tomiño) e o noso filial Atletismo Narón, e en especial aos seus adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario