3 de xuño de 2024

DEPORTES

 ATLETISMO

NADIA CONEJO BASCOY E  GABRIELA LÓPEZ CADILLA, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, LOGRAN DOUS OUROS   

No Campionato Galego de 1km en roteiro 


Nadia Conejo Bascoy - no centro do podio - coa súa medalla de ouro na categoría Sub12 feminina
Gabriela López Cadilla - no centro do podio - coa súa medalla de ouro na categoría Sub10 feminina

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Na tarde do sábado 1 de xuño, en Lourenzá (Lugo), celebrouse o Campionato Galego de 1 km en roteiro, onde este ano o club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, tivo menos participantes que outros anos. Aínda así, Nadia Conejo Bascoy, na categoría Sub12 feminina, loitou de principio a fin, sen renderse nunca, entrando en liña de meta cun tempo de 3´31". Dese xeito conseguíu o ouro e por conseguinte o título de campioa galega da devandita categoría.  

 Xa na categoría Sub10 feminina, Gabriela López Cadilla, do mesmo xeito que súa compañeira, tamén fixo un bo labor, parando o crono en 3´54". O premio o seu esforzo foi estrearse como campioa galega en roteiro. 

 Felicidades mozas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario