PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DESTRUÍR É O PLAN
O próximo xoves día 9 ás 20 horas no Centro Cultural da Guarda
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vai presentar o documental Destruír é o plan, elaborado pola plataforma SOS-sanidade pública. A proxección será o próximo xoves día 9 ás 20 horas no Centro Cultural da Guarda.
Trátase dunha reportaxe sobre o deterioro da sanidade pública en Galiza, organizado pola Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda. O documental relata o desmantelamento e a privatización calculada da Sanidade Pública en Galiza.
Ao final da proxección haberá un coloquio no que participaran membros da Plataforma organizadora do evento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario