6 de mar. de 2024

A GUARDA

CAMARIÑA: UNHA XOIA BOTÁNICA NO OUTRO LADO DO MIÑO 




Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda

 Hai un par de semanas, membros de ANABAM (Luís Dorado e Agustín Ferreira) desprazáronse ata a veciña localidade de Caminha para achegarse ata a Mata Nacional do Camarido, onde temos a única poboación de Camariña do norte portugués. 

 Eliximos estas datas por atoparse agora en plena floración (os froitos non madurarán ata mediados do verán). Son plantas dioicas, é dicir os pés ou son masculinos (na imaxe a inferior) ou son femininos (na imaxe a superior). Toda a planta desprende un agradable aroma afrutado que, enseguida delata a súa presenza, aínda que non todo o mundo se decata dese cheiro. 

 Hai uns 20 anos o número de exemplares na zona era moi superior ao actual, pero reduciuse notablemente por causa da intervención humana. Dende ANABAM tratamos de introducila no piñeiral e praia de Camposancos, pero sen éxito, xa que é unha especie difícil de reproducir e require dunhas condicións especiais. En calquera caso temos a sorte de tela tan "cerca" e, á vez, "tan lonxe", separada de nós por un par de quilómetros que non son doados de "pasalos". Tal vez, chegado o bo tempo, e se hai xente dispoñible, decidamos organizar unha visita guiada a este enclave veciño para achegarnos a súa diversidade botánica e faunística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario