7 de mar. de 2024

VIGO

A Sección Sindical de CCOO en VITRASA creou unha caixa de solidariedade



Montserrat Carrera Leirós* / Vigo

 Os compañeiros e as compañeiras de CCOO en VITRASA levan máis 90 días en folga indefinida.  

 Loitan pola negociación dun convenio colectivo que leva caducado desde o 2020, sen  ningunha subida salarial que lle permita afrontar a perda de poder adquisitivo dos últimos catro anos, sen ningunha mellora nas súas condicións laborais, con xornadas de 10 horas de traballo, e con horarios imposibles de cumplir nos seus servizos que non lles permite siquera o tempo necesario para facer as súas necesidades.  

 Loitan contra unha Empresa que se nega a negociar e que ten secuestrado un servizo público esencial para a cidadanía. Esta situación está a ser sumamente dura tanto para traballadores e traballadoras como para as súas familias, motivo polo que  a Sección Sindical de CCOO en VITRASA creou unha caixa de solidariedade para poder afrontar as xornadas de loita que teñen por diante.  

 A cantidade recaudada utilizarase exclusivamente para apoiar económicamente á afiliación de CCOO en VITRASA,  para  que poidan seguir coas súas reivindicacións.  

 A súa loita é a de todos.  

 Moitas grazas polo voso apoio.


* Secretaria Xeral da UC de CCOO de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario