11 de xan. de 2026

TABAGÓN (O ROSAL)

A VECIÑANZA DA PARROQUIA DE SAN XOÁN DE TABAGÓN ORGANIZA AS FESTAS NA HONRA DA VIRXE DA SAÚDE E SAN BRAIS

 Os días 30 e 31 de xaneiro, e 1 de febreiro de 2026



 

Ricardo Rodríguez Vicente / Tabagón

 A veciñanza da parroquia de San Xoán de Tabagón xa ten a punto a programación das festas na honra da Virxe da Saúde e de San Brais. Son uns festexos que logo de algúns anos sen celebrarse, por non haber comisión organizadora do mesmos; neste 2026 voltarán a ser unha grata realidade.

 Ainda que os eventos incluídos no programa comezarán o día 30 de xaneiro, o día 24 deste mes será inaugurada unha exposición de fotografías das festas da Virxe da Saúde e San Brais, que estará aberta ao público ata o día 8 de febreiro.

  Asemade, o venres día 30 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, terá lugar á Subida do Arco. E posteriormente, cea a prezos populares.


Arco das festas da Virxe da Saúde e San Brais, realizado en 2016, en Tabagón (O Rosal)
Foto: Infogauda / Arquivo

 O artístico arco, que unha representación das persoas veciñas de San Xoán de Tabagón se encarga de realizar de xeito artesanal, é unha tradición que provén de tempos moi antigos. Trátase dunha estrutura configurada por varios piñeiros de considerable lonxitude - que chega a acadar uns 14 metros de altura e uns 6 metros de ancho -, que á veciñanza sitúa na entrada principal do recinto onde se celebrarán as festas. Do seu deseño vénse ocupando Ángel Álvarez, e logo dos traballos de "embuxado" - con ramas de buxo (Buxus sempervirens), da súa ornamentación - nas vésperas das festas - encárganse varias persoas, entre elas Marisol González, que colocan flores propias do inverno como mimosas (Acacia dealbata) amarelas; e camelias (Camelia japonica), brancas e vermellas. 

 Pola noite festa oitenteira, a cargo de varios picadiscos: Los lunes al sol; Romero, Piedra; e Maci.

 O sábado, día 31, ás 21:30 horas, verbena amenizada pola orquestra Miramar e os disc-jóckeys Charlie e Adrián Mesu.

 O domingo, 1 de febreiro, ás 11:00 horas, pasacalles coa banda de música Agrupación Musical do Rosal.

 A partir das 17:00 horas, inchables.

 As 18:00 horas, concerto da banda de música Agrupación Musical do Rosal.

 Haberá carpa e cantina.

 Ao remate das poxas, haberá chocolate de balde.

Actos relixiosos

 O martes, 20 de xaneiro, ás 17:30 horas, comezará a novena, con rezo do rosario e misa á Virxe da Saúde e San Brais. 

 O sábado, 31 de xaneiro, celebración da San Brais, bispo e mártir, con misas rezadas ás 10:00 e ás 17:30 horas. 

  Ás 12:00 horas, misa solemne con sermón.

 O domingo, 1 de febreiro, ás 10:00; 11:00 a 17:30 horas, misas rezadas á Virxe da Saúde.

 Ás 12:00 horas, misa solemne presidida polo bispo da diocese, don Antonio Valín. A eucaristía contará coa participación do Coro "Ecos do Folón", de Fornelos. Haberá sermón e procesión.

 O luns, 2 de febreiro, bendición das candeas. 

 Ás 10:00; 11:00 e 17:30 horas, misas na honra da Virxe da Saúde.

 O martes, 3 de febreiro, bendición do pan.

 Ás 10:00; 11:00 e 17:30 horas, misas na honra de San Brais, avogado, bispo e mártir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario