CHEGA O MES DE ABRIL E CON ÉL ACTIVIDADES DA OMIX A GUARDA
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda abre a inscrición para as dúas actividades programadas para este mes de abril.
As actividades van dirixidas principalmente a mocidade, pero naturalmente pode solicitar praza toda persoa que esté interesada.
As accións propostas son, por unha banda, unha clase mestra de oratoria: Como ser influente a través da palabra, na que a través dunha conferencia moi dinámica e divertida da man de Santiago Martínez, da escola de oratoria Elocuencia, obteremos ferramentas e técnicas que nos axudarán tanto no ámbito persoal como profesional, para grandes e pequenas reunións, coas que proxectaremos seguridade, elaboraremos mensaxes eficaces e dominaremos o espazo tanto dixital como presencial. A xornada será o día 11 de abril dende ás 17:00 ás 20:00 horas, para a que será necesario inscribirse previamente na OMIX.
A segunda das accións ofertadas é Cociña de supervivencia, un obradoiro para aquelas persoas que están pensando en emanciparse ou xa o están, e non queren sobrevivir a base de bocadillos, nin procurar ingredientes imposibles. Neste caso serán dúas xornadas, os días 19 e 26 de abril, dende ás 18:00 ata ás 20:00 horas nas que elaboraremos e degustaremos receitas ricas e sinxelas.
Para os dous obradoiros haberá que inscribirse na OMIX da Guarda a través do enderezo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión 7.
Ningún comentario:
Publicar un comentario