9 de feb. de 2024

VIGO

A federación de Industria da CIG de Vigo convoca unha mobilización en defensa dos postos de traballo en Soling

 O luns 12 de febreiro de 2024, diante da delegación da Xunta en Vigo (Concepción Areal, 8).


Infogauda / Vigo

 A federación de Industria da CIG de Vigo convoca unha mobilización en defensa dos postos de traballo en Soling, empresa auxiliar do sector naval, e para reclamar a implicación da Xunta na busca dunha solución á problemática que atravesa a compañía e que ameaza a supervivencia do emprego.  

  Dende a CIG-Industria de Vigo explican que tras a venda da compañía o cadro de persoal (integrado por 77 persoas) recibiu cartas concedéndoselles permisos retribuídos de tres semanas para que se ausentasen dos seus postos de traballo, producíndose un cese de actividade.  

 O até entón propietario négase a facilitarlle información á representación legal dos traballadores/as (tres delegados da CIG) nin sobre o proceso de venda, nin dos futuros plans industriais, nin a respecto do mantemento ou non dos postos de traballo

Ningún comentario:

Publicar un comentario