29 de feb. de 2024

TOMIÑO

Tomiño prepárase para unha nova Feira de Primavera 

 O evento volverá celebrarse na Praza do Seixo o sábado 16 de marzo


ADETO volve organizar a Feira de Primavera o sábado 16 de marzo na Praza do Seixo e na súa contorna 


Gonzalo Lomba* / Tomiño

 A Asociación de comercio, hostalería e industria de Tomiño, ADETO, volve organizar a Feira de Primavera o sábado 16 de marzo na Praza do Seixo e na súa contorna. 

 Na Feira volverán a estar presentes comercios de moda para todos os estilos, complementos, artesanía, xoiería, xoguetes, etc. Con ofertas, novidades e un amplo abano de produtos do mellor comercio de proximidade. 

 Tralo éxito de pasadas edicións, a Feira contará con actividades para a infancia e un inchable, actuacións en directo, gastrofurgonetas, sorteos e máis sorpresas para que o público de todas as idades desfrute dunha xornada agradable mentres fai as súas compras nos comercios alí presentes. 

 A Feira, que conta co apoio do Concello de Tomiño e a cofinanciación da Xunta de Galicia, aínda mantén abertas as inscricións para aqueles comerciantes que desexen ter o seu lugar no que será unha gran festa para o pequeno comercio.

* Xerente de ADETO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario