ATLETISMO
ALEJANDRO SANTOS ADROVER PARTICIPARÁ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA CUBERTA
En Valencia, os días 2 e 3 de marzo
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Alejandro Santos Adrover representará á Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), no campionato de España de pista baixo teito. Farao en Valencia os días 2 e 3 de marzo na categoría Sub16, e na proba dos 3.000 metros.
O pupilo de adestrador Javier Sierpes e Patricia Pereira, medirase cos mellores do ámbito nacional con serias opcións de subirse ao pódium.
Actualmente é posuidor do 2º posto na clasificación galega Sub16 cun rexistro de 9:15.06, que lle sitúa sexto de España da actual tempada e coa oitava mellor marca da liña de saída, que serán tan só 15 atletas que optarán a alzarse cos metais.
Moita sorte! E a seguir traendo novos éxitos para o noso club.
Ningún comentario:
Publicar un comentario