Curso de autodefensa para mulleres os días 5 e 7 de marzo en Mougás
Infogauda / Oia
O Concello de Oia ten aberta a inscrición para as mulleres interesadas en participar na formación “Prevención de situacións de violencia de xénero: curso de defensa persoal e autocapacidades”. A actividade desenvolverase os días 5 e 7 de marzo no Centro Cultural de Mougás en horario de 16.00 a 20.00h.
O curso está impartido por monitoras e monitores especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e inclúe adestramento físico e psíquico para a actuación ante diversas situacións de violencia de xénero. As mulleres interesadas en inscribirse poden facelo a través do correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou ben no teléfono 639 329 493.
Oia foi un dos concellos seleccionados pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para esta formación en autodefensa para mulleres, que consta de un total de 8 horas lectivas. A iniciativa enmárcase no acordo de colaboración asinado entre o antedito departamento autonómico e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario