A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA RECLAMA QUE SE DEA CUMPRIMENTO ÁS DEMANDAS DA VECIÑANZA
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda recórdalle ao goberno local e á Consellaría de Sanidade que a veciñanza guardesa leva anos esixindo a cobertura de todas as vacantes e baixas do centro de saúde, a dupla equipa de urxencias no PAC e unha ambulancia medicalizada no Baixo Miño.
A Plataforma sae así ao paso das declaracións de ambas institucións arredor da construción dun novo CIS na Guarda. Sabendo da necesidade de adecuar as instalacións e a infraestrutura sanitaria do noso concello, remarcamos que a máis imperante das urxencias é a dotación de persoal das mesmas. Consideramos este anuncio do PP como unha manobra desesperada de electoralismo, nada máis que fume, como é habitual en datas de campaña electoral.
Actualmente existen dous cupos médicos na Guarda sen médico asignado, seguimos tendo unha soa equipa no PAC e a ambulancia medicalizada máis próxima, no concello de Mos. Se o Partido Popular quere de verdade fortalecer a dotación sanitaria na comarca do Baixo Miño, ten na súa man cumprir coas medidas que a Plataforma leva anos demandando. Tomen nota do manifestado pola cidadanía galega o pasado 4 de Febreiro en Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario