Presentación da “Guía das plantas de Galicia” de Xosé Ramón García
• O vindeiro venres 9 de febreiro, ás 20:00h no local do IEM
IEM / Gondomar
O vindeiro venres 9 de febreiro terá lugar a presentación da “Guía das plantas de Galicia” de Xosé Ramón García.
O acto, presentado por Xilberte Manso, vicedirector do IEM, e Fran Alonso, director de Xerais, será ás 20:00h no local do IEM (Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10).
A “Guía das plantas de Galicia” é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario