7 de feb. de 2024

A GUARDA

ANABAM: REXISTRA UNHA NOVA ESPECIE EXÓTICA NO BAIXO MIÑO 

 Trátase de Gomphocarpus physocarpus




 Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

 O Grupo de Traballo de ANABAM rexistrou para esta entidade conservacionista, o sábado 29 de xaneiro, os primeiros exemplares desta especie - Gomphocarpus physocarpus - no Baixo Miño. Un bo número de exemplares se contabilizaron en fincas próximas. 

 Ao parecer, segundo nos informou un veciño, estas plantas poderían provir do veciño país, sendo plantadas inicialmente como plantas ornamentais. Espállanse rápida e profusamente. O froito é unha esfera globosa, inflada, oca, duns 7 cm de diámetro, que contén no seu interior as sementes, suxeitas por fibras prateadas, brillantes, que se desprenden ao madurar. 

 De momento témola localizada no lugar do Couto (Camposancos - A Guarda), pero nos comentan que noutras zonas do Baixo Miño tamén están presentes. É unha planta exótica, invasora. 

 Dende ANABAM agradecemos ás persoas que vexan esta especie, ou saiban dela nesta bisbarra, nolo fagan saber para facer un mapa de distribución da presenzaa desta planta na comarca, para iso, podedes enviarnos por WhatsApp (616 180 557) unha fotografía da planta e lugar onde foi vista. 

 Collón de ovispo: nome local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario