"MÚSICA E PALABRAS": UN MAGNÍFICO ESPAZO PARA COMPARTIR CULTURA
• Aberto a todos os públicos
José Fernando Martínez Martínez * / Camposancos
Onte, un venres máis, con motivo do evento "Música e Palabras", reunímonos e gozamos escoitando a música e cancións de María José Baz así como as poesías - unhas de autor e outras propias - de varias persoas asistentes.
Nesa fermosa tardiña hubo unha novidade: Juan Carlos González e Mario Baró interpretaron unha parodia sobre as chamadas comerciais das compañías telefónicas. Rímonos a partir.
Seguimos innovando.
Rematamos coma sempre, en animada charla tomando un petisco acompañado dun viño.
O primeiro venres de marzo, voltaremos a facer de "Música e Palabras" un magnífico espazo para compartir amizade e cultura.
* Presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario