O CONCELLO DE A GUARDA OFRECEULLES UNHA RECEPCIÓN AS XOGADORAS E TÉCNICAS PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE BALONMÁN
Redacción Deportes / A Guarda
O pasado venres, no salón de plenos do Concello de A Guarda, tivo lugar a recepción ás xogadoras e técnicas guardesas participantes no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de balonmán coa Federación Galega de Balonmán.
Neste emotivo acto o balonmán guardés, as súas familias e tamén toda a cidadanía guardesa, transmitíronlles o orgullo que supón ter a representantes coma elas no máis alto deste deporte.
Grazas ás familias das xogadoras, grazas ao Atlético Guardés e sobre todo, grazas polo voso esforzo guerreiras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario