A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO INFORMA QUE O CONSULTORIO DE GOIAN ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS 22 DE XANEIRO
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, quere manifestar a súa satisfacción pola nova que hoxe xoves, 18 de xaneiro de 2024, nos trasladou o xerente da área sanitaria de Vigo:
O CONSULTORIO DE GOIÁN ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS 22 DE XANEIRO.
Foi moito traballo, moitas recollidas de sinaturas, de concentracións, de manifestacións en Tomiño, na comarca e en comarcas veciñas. Moitas viaxes, reunións, notas de prensa, e entrevistas radiofónicas. Moitas mocións presentadas ao Pleno municipal, e mesmo un velorio e un vía crucis.
En definitiva, moitas, moitísimas horas investidas por este grupo de mulleres e homes que de maneira absolutamente desinteresada e altruista traballaron arreo polo ben común, e que hoxe comenza a dar os seus froitos, polo que nos sentimos felices e satisfeitas/os.
Somos conscientes de que estamos en período preelectoral, pero está claro que sin a mobilización e a presión da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, a reapertura do Consultorio non sería hoxe unha realidade, e por suposto que seguiremos loitando porque sabemos que hai moito que mellorar.
Non nos queda mais que dar as grazas a todas e todos os veciños polo voso apoio e alento e por crer coma nós, que era posible.
A partir de mércores 24 de xaneiro, os/as pacientes poderán por fin, acudir ó seu médica/o a Goián.
Ningún comentario:
Publicar un comentario