A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA APOIA A MANIFESTACIÓN DO 4 DE FEBREIRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Infogauda / A Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama á veciñanza a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o próximo domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela para denunciar a situación de deterioro permanente do sistema sanitario público galego.
Desde a Plataforma insisten en que este deterioro na sanidade pública está provocado polas políticas de recortes e privatizacións dos gobernos do PP na Xunta de Galiza nos últimos anos.
A Plataforma guardesa sigue reclamando o incremento de ambulancias na comarca así como a dotación dunha ambulancia medicalizada, a segunda equipa médica para o PAC da Guarda e denuncian a non cobertura de dúas vacantes no Centro de Saúde da Guarda unha das cales hai máis de dous meses que non ten médico asignado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario