25 de set. de 2023

A GUARDA

MONUMENTO A  MESTRA DONA AURORA GONZÁLEZ NEIRA 

 Urxe verificar se estáse vendo afectada por unha árbore próxima


Monumento a mestra dona Autora González Neira, na zona escolar de A Sangriña
Foto: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde fai algún tempo vimos observando algúns indicios que a medio ou longo prazo, poden dar lugar a danos no monumento a mestra dona Autora González Neira, obra do escultor Xosé Antúnez Pousa, natural de Estás (Tomiño), finado o pasado día 8 de agosto de 2023.

 Coidamos que o devandito monumento, que foi erixido por iniciativa da Comisión Organizadora da Homenaxe a Dona Aurora González Neira, promovida por un grupo de ex alumnos, e foi inaugurado o sábado día 19 de setembro de 1981, estáse vendo afectado polas raíces dunha árbore próxima - tuia (Thuja occidentalis) -, que xa teñen desprazado algúns elementos pétreos desa obra. Por ese motivo, entendemos necesario que por parte de quen corresponda se verifique in situ o que indicamos, e se adoiten as medidas correctoras que por parte do persoal experto se indiquen, a fin de evitar danos maiores.

O ROSAL

O Concello do Rosal avanza na mellora da súa eficiencia enerxética con dúas novas caldeiras de biomasa  

 A súa instalación sae a licitación por un importe de case 95.000 euros financiados ao abeiro do Fondo de Cooperación Local  




Infogauda / O Rosal

 O Rosal camiña con paso firme cara a mellora da eficiencia enerxéticas das instalacións municipais co obxectivo de “mellorar a eficiencia enerxética no noso municipio, comezando pola renovación daquelas infraestruturas máis obsoletas, reducindo as emisións de CO2 e redundando nun aforro económico e enerxético”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.   

 O Concello vén de sacar a licitación a instalación das caldeiras de biomasa no pavillón municipal e no campo de fútbol da Mata, unha renovación que permitirá substituír as caldeiras de gasóleo destas instalacións deportivas por dúas de pellets con combustible de biomasa para a produción de calefacción para estes edificios e de auga quente para as duchas dos seus correspondentes vestiarios. 

 Trátase dunha modernización das instalacións municipais adaptándoas ao uso das enerxías menos contaminantes e renovando equipos obsoletos, nos que tamén se mellorará o seu illamento e regulación, permitindo un control total do sistema con termostatos de ambiente e telexestión. 

 As obras saen a licitación por un orzamento base de case 95.000 euros financiados ao abeiro do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia. Fernández Callis resaltou que este proxecto “é un paso importante no noso compromiso coa eficiencia enerxética e a sostibilidade, reducindo a nosa pegada de carbono ao tempo que melloramos o confort de usuarias e usuarios e logramos un aforro económico importante. O noso obxectivo é diminuír o consumo e seguir camiñando cara a unha enerxía limpa, convertendo pouco a pouco ao Rosal nun referente no emprego de enerxías renovables”.  

 As empresas e entidades interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 10 de outubro ás 23.59 horas.  

CAMINHA

Candidaturas para atribuição de incentivos a estudantes do ensino superior 

Abertas até 20 de outubro


C.M.C.

Infogauda / Caminha

 A Câmara Municipal de Caminha abriu as candidaturas para atribuição de incentivos a estudantes do ensino superior para o ano letivo 2023/2024, cujo prazo termina a 20 de outubro. Poderão concorrer alunos que ingressaram pela primeira vez no Ensino Superior ou que já se encontrem a frequentar. É de referir que no ano letivo de 2022/2023 foram beneficiados 19 estudantes (entre novos candidatos e apoios de continuidade), um investimento de 40 mil euros.

 A educação e o apoio financeiro às famílias caminhenses continuam a fazer parte das prioridades do executivo camarário.

 Como já referimos, este apoio dirige-se quer aos alunos que ingressaram pela primeira vez no Ensino Superior, quer àqueles que já se encontrem a frequentar anos mais avançados. É de referir ainda que os candidatos que beneficiaram do incentivo no ano passado deverão, igualmente, fazer a entrega de candidatura para que se verifique se se mantém as condições de atribuição.

 O valor a atribuir a cada estudante será igual a três vezes o salário mínimo nacional fixado para o primeiro dos anos civis que constituem o ano letivo respetivo e a sua duração será igual à do tempo mínimo estabelecido para a obtenção do grau de licenciatura com aproveitamento escolar.

 As candidaturas deverão ser entregues até 20 de outubro, mediante a entrega do formulário próprio que se encontra disponível www.cm-caminha.pt ou nos serviços Municipais (Câmara Municipal, em Caminha e no Gabinete de Apoio ao Munícipe, em Vila Praia de Âncora).

 O Regulamento de Atribuição de Incentivos ao Ensino Superior, documento onde estão descriminados os documentos necessários encontra-se disponível para consulta em www.cm-caminha.pt ou nos serviços Municipais (Caminha e GAM em Vila Praia de Âncora). 

DEPORTES

PIRAGÜISMO

OITO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NO CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


En K1 Alevín feminino, podio enteiramente do Deportivo Miño:  Leila Álvarez gañou a proba; Nerea Álvarez foi segunda. e Rita Olveira, terceira


Informa: Rosa Fernández Carrera / Deportes

 Este domingo celebrouse nas augas do río Tea, na localidade de Mondariz Balneario, o Campionato Galego de Promoción de Slálom; a máis importante da Liga Galega de Promoción, na que compiten os máis novos do piragüismo galego.  

 Once deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiron ao acontecemento.  

 Francia Piñeiro en K1 Infantil rematou oitava. En K1 Alevín feminino, Leila Álvarez gañou a proba, Nerea Álvarez foi segunda e Rita Olveira terceira, conformando un podio enteiramente do Deportivo Miño. Iria Álvarez estreouse en categoría prebenxamín cunha medalla de prata. Leila, como xa é habitual, tamén participou en canoa ou C1, acadando o ouro, e, a prata foi para Nerea que se estreou na categoría en competición. 


Podio de K1 benxamín, categoría na que Roque Olveira - a esq. - foi segundo, conseguindo a medalla de prata
Once deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiron ao Campionato Galego de Promoción de Slálom


 Nas categorías masculinas, Iván Cruz foi décimo en K1 infantil. En K1 alevín, Alejandro  Barreiro rematou sexto e Lois Montenegro acadou a medalla de bronce. En K1 benxamín, Martín Vicente foi sétimo, Nicolás Piñeiro sexto e Roque Olveira segundo, conseguindo a medalla de prata.  

 Dúas medallas de ouro, catro de prata e dúas de bronce son un gran balance para o Deportivo Miño-Teixugos neste campionato galego. Na clasificación final por equipos remataron en quinto lugar.

OIA

A Xunta de Galicia e o Concello de Oia abordan a humanización da contorna do mercado de abastos da localidade  

 Esta actuación podería acometerse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

 A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reuniuse coa alcaldesa da localidade 


A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa

Foto: X.G.

Infogauda / Oia

 A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, avaliaron o proxecto municipal para humanizar a contorna do mercado de abastos da localidade nunha reunión que mantiveron recentemente.

 Durante o encontro, a rexedora trasladoulle á representante autonómica que o proxecto municipal ten como obxectivo acadar unha mellor integración urbana do edificio no que está previsto a creación dun centro multiusos, a través da creación dunha praza, da renovación de mobiliario urbano e da instalación dunha horta urbana, entre outras actuacións.

 Ángeles Vázquez informou á alcaldesa da posibilidade de que esta iniciativa municipal, que está previsto desenvolver ao longo de dúas anualidades, se poida acoller ao chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de iniciativas que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Así, de ratificarse a colaboración, a Xunta financiaría o 70% da obra e o concello asumiría o 30% restante.

 De feito, este municipio pontevedrés xa levou a cabo ao abeiro desta liña de financiamento o acondicionamento da contorna da Casa do Concello, que supuxo un investimento de preto de 60.000 euros.

EMPREGO

Convocatoria de Eu Rural para a selección para a contratación dunha persoa con perfil de xestor/a de proxectos e especialista en administración xeral

 O prazo de presentación de solicitudes para a participación no procedemento selectivo ata o 14 de outubro




Infogauda / Tui

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural fai pública a Convocatoria do procedemento de selección para a contratación dunha persoa con perfil de xestor/a de proxectos e especialista en administración xeral, no marco do Programa LEADER Galicia 2014-2020 e do PDR de Galicia, segundo o disposto na Instrucción nº1/2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER.  

 O prazo de presentación de solicitudes para a participación no procedemento selectivo é de 20 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (remata o 14 de outubro).  

 A presentación de solicitudes poderá facerse a través das seguintes vías:  

 Preferiblemente por vía telemática, a través de formulario na web eurural.org 

 Excepcionalmente de xeito presencial na sede da asociación en Avenida Peinador, 39 – 1º andar, Tameiga, 36416 Mos, Pontevedra. 

 Toda a información e as bases do procedemento están dispoñibles na web www.eurural.org  

 Bases Procedemento selectivo de xestor ou xestora de proxectos e especialista en administración xeral.

TUI

Investimento de 2 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia nas obras de rehabilitación da praza de Abastos e do Cárcere Vello

• Ambas obras están nestes momentos en licitación


Infografías: Concello de Tui

Infogauda / Tui

 Tui contará cun investimento de preto de 2 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Next Generation EU que posibilitarán a rehabilitación da Praza de Abastos e do Cárcere Vello. Ambas obras están nestes momentos en licitación e prevese que poidan comezan a executarse antes de que remate o ano.  

 Por unha banda as obras da Praza de Abastos sae a licitación por un importe de 1.127.306,66 euros. O prazo de presentación de propostas está aberto até o 5 de outubro a través da Plataforma de Contratación do Estado.  

 O proxecto a executar suporá a transformación integral da Praza de Abastos e a súa modernización e dixitalización. Na actuación mellorarase a envolvente do edificio, instalarase sistemas de aerotermia e aproveitarase a luz natural do lucernario co que se mellorará a eficiencia enerxética da praza, un aspecto no que redundará tamén a carpintería de alumiño RPT que se instalará así coma a iluminación de baixo consumo.  

 A praza estruturase en catro zonas. No extremo suroeste estará o acceso principal limitando coa nova zona exterior cuberta que se vai crear. No lado sureste haberá un acceso secundario, mentres a zona noreste terá vocación de servizos co acceso de carga e descarga. Por último no noroeste crearase un local gastronómico e unha área polivalente que servirá de obrador e sala de formación e degustación para acoller cursos ou charlas.  

 No centro da praza haberá unha illa informativa visible dende o acceso, que proporcionará información ás persoas que se acheguen a esta instalación. Entre os catro espazos plantexados crearanse percorridos  para favorecer a interacción e a compra. Os postos dos praceiros e praceiras ocuparán o perímetro da zona central situando no medio unha zona de descanso con mesas e cadeiras.    

 Por outra parte están tamén en proceso de licitación o proxecto de rehabilitación do Cárcere Vello por importe de 550.004,43  euros por parte de Turismo de Galicia. As empresas interesadas poden presentar as súas propostas  até o 3 de outubro.    

 Tras as obras, financiadas con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Next Generation EU, o Cárcere Vello recuperará a súa estrutura e imaxe orixinal para converterse Centro de Recepción e Atención de Peregrinos e Centro de Interpretación Histórico-Artístico. O proxecto museográfico a realizar porá en valor o patrimonio e legado histórico de Tui. O edificio dotarase coa última tecnoloxía con de holografías e paneis interactivos que permitirán percorrer a historia tudenses. Amais será totalmente accesible grazas á instalación de elementos de mobilidade e paneis informativos adaptados para persoas con diversidade funcional e cognitiva. Contará cunha consigna para peregrinos e no patio crearase unha praza central que poderá gozar tanto a poboación local coma as persoas que visiten Tui.  

 O goberno municipal de Tui, co avance na tramitación destas dúas obras, destaca a aposta por “proxectos ambiciosos destinados a mellorar os equipamentos e os servizos da cidade”. Engaden que o investimento de case 2 millóns de euros nesta actuación é froito “do traballo de xestión e planificación realizado previamente na elaboración dos proxectos”, así como no traballo rigoroso realizado para  poder concorrer as liñas de subvención das diferentes administracións.

GONDOMAR

Presentación do libro “O Val de Miñor durante a segunda república (1931-1936)”, de José Luís Mosquera Veleiro.

 O venres 29 de setembro ás 20:00h no local do IEM




IEM / Gondomar

 O Mes da Memoria, que todos os anos o IEM realiza por estas datas, comeza o día venres 29 de setembro ás 20:00h no local do IEM ca presentación do libro gañador do I premio de investigación Val de Miñor. Trátase da obra “O Val de Miñor durante a segunda república (1931-1936)” da autoria de José Luís Mosquera Veleiro.  

 O acto será presentado por Carlos Méixome, historiador e exdirector do IEM, e o doutor Julio Prada, que dirixiu a tese de doutoramento que deu lugar á obra que será presentada neste acto.  

PRÓXIMAS DATAS  

 O mes da memoria continuará ca presentación de “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos Escuros”, obra de Perfecto Ramos Rodríguez o día 6 de outubro ás 20:00h no multiusos de Sabarís, presentado por Anxo Rodríguez Lemos, doutor en Historia e membro da xunta de goberno do IEM.  

 O día 27 de outubro ás 20:00h Roberto Mera co seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”. Presentará o acto a escritora e xornalista Montse Fajardo.  

CANGAS DO MORRAZO

O Sergas carga contra as súas médicas en Cangas negándose a substituír ao persoal de urxencias 


Ambulancias do 061 na porta do PAC de Cangas de noite
Foto: CIG


Infogauda / Cangas do Morrazo

 Lonxe de solucionárense os problemas da falta de persoal médico no PAC de Cangas co remate do verán, os problemas continúan producíndose novamente polas faltas de cobertura durante o mes de setembro e a situación nos vindeiros meses podería empeorar.  

 Mais a fin de semana pasada, produciuse un feito sen precedentes na política de persoal da Xerencia de Vigo, cando segundo denuncia a Unión Local do Morrazo da CIG, o Sergas negouse a activar ao persoal médico que está designado par as coberturas que poidan xurdir pertencente a un sistema denominado como “lista de médicos localizados”.  

 Deste xeito, segundo denuncia o sindicato nacionalista, o Sergas negouse por medio do directivo de garda a enviar ao médico dispoñible para realizar a cobertura do sábado pola noite, pese a estar percibindo unha remuneración para este fin. Quedando novamente 2 médicas de 3 no PAC de Cangas pese a estar encargadas de atender tamén á poboación limítrofe de Moaña.  

 Cada vez queda máis evidenciado que as verdadeiras intencións do Sergas son as de eliminar unha praza de médica, aproveitando a reunificación dos servizos de Urxencias de Moaña e Cangas, e aumentar a presión asistencial sobre o seu persoal como castigo por denunciar publicamente as carencias na asistencia urxente que padece a poboación do Morrazo.  

 A CIG-Saúde solicitará explicacións na mesa sectorial á Xerencia de Atención Primaria de Vigo sobre o ocorrido e esta mesma semana enviará unha carta dirixida aos seus responsábeis solicitando información por escrito ao respecto do ocorrido.  

 Mentres tanto, dende a Unión Local do Morrazo da CIG solicitarán unha nova reunión coa alcaldesa cumprindo co seu compromiso de informar sobre a situación sanitaria do Concello, na que pediran que se exerzan todas as accións que considere necesarias para obrigar ao Xerente da Area Sanitaria a cumprir as súas promesa de reunirse coa alcaldía para dar as explicacións necesarias e para recibir as peticións de mellora de primeira man.

OPINIÓN

CUP: ¿Fin de ciclo? 




Lucha Internacionalista

 La CUP-PR ha perdido sus dos escaños, pero lo más importante pasa de más de 240.000 votos a algo más de 98.000, es decir, ha perdido casi dos tercios. Hay una crisis que se ahonda. El propio Secretariado Nacional reconoce esta situación y abre un debate sobre la necesidad de refundar la CUP. Hay voces que reclaman otro "personaje" mediático que nos saque de la caída libre, como ya se había dicho con Dolors Sabater. Su dimisión como parlamentaria tras las municipales ocurrió con más pena que gloria. El problema no es de figuras mediáticas, es de proyecto político. 

 La CUP no se despega del “bloque independentista” con ERC y JXC, no deja de ser su ala izquierda, en lugar de ser una alternativa a sus traiciones. Pero el proyecto de ERC independentista en los discursos, ha dejado de ser independentista en los hechos, para pasar a reanudar el autonomismo. Lo mismo podemos decir del Govern Torra y de JXC. ¿Qué cabía esperar de la CUP? Que fuera la abanderada del 1 y del 3 de octubre, y no que volviera a aceptar que hace falta un nuevo referéndum... Que llamara a la resistencia cuando los dirigentes de ERC y JXC o huían o se entregaban. Que dijera que las elecciones más antidemocráticas fueron las de diciembre del 17, con el 155 y que entonces sí, llamara al boicot y a “desobedecer” a la recomposición autonomista dictada por el régimen. Una crítica contundente a la política de los sucesivos gobiernos desde 2017 y a cada concesión al régimen y al gobierno central. 

 Debemos reconocer que la ANC nos ha pasado por la izquierda. Pero en vez de analizarlo y sacar conclusiones, participamos en las elecciones de febrero 2021, con Dolors Sabater como flamante cabeza de lista en el parlamento, con la experiencia de frente común con ERC, IC y PSC en Badalona, y un acercamiento a ERC. La negociación del último gobierno Aragonés, el mensaje de que podíamos entrar en el Gobierno, los dos años de tregua con la mesa de diálogo. El aplazamiento una y otra vez de la ruptura del acuerdo de investidura. Y, si quedaba alguna duda, Girona con Lluc Salellas alcalde de la CUP con acuerdo con JXC y ERC, entregándoles todas las concejalías económicas que aseguran la persistencia de la Girona burguesa que tanto habíamos criticado... Las mismas compañeras del grupo de municipalismo, en la COP en que analizábamos los resultados de las municipales, constataban que donde peores resultados se habían sacado era allí donde estábamos en gobiernos en minoría: ¿entonces porque se repite? ¿Quién espera que no nos pongan a todos en el mismo saco? ¿O peor aún, sea a nosotros a quienes menos perdonan? 

 También había motivos de clase para romper con ERC y JXC. Sus políticas van contra las clases trabajadoras. Y en eso nos encontrábamos enfrentados también a los Podemos-Comuns y su Gobierno más progresista de la historia en Madrid y antes con Ada Colau en Barcelona. Y era necesaria una radicalidad anticapitalista, de clase, que tampoco ha existido. La lucha obrera no ha sido el centro de las preocupaciones de la CUP, pero está entre una clase obrera originaria mayoritariamente de otros lugares del estado donde se juega el futuro, también el de la República Catalana. Hemos pedido una y otra vez un giro a la izquierda que no ha llegado: luchar contra los cierres y despidos, en defensa de salarios y pensiones... 

 Un buen sector de la CUP mira con lejanía a una clase obrera catalana que habla mayoritariamente en castellano, que no se siente independentista y que puede ser difícil que vote CUP. Era importante para esa misma clase obrera aparecer como el principal defensor de sus derechos, de la solidaridad entre los pueblos. Ir de la mano de luchadores y luchadoras, represaliados y represaliadas, en una lucha unida contra la Monarquía borbónica, burguesa y prisión de pueblos. Pero también la dirección de la CUP lo miraba con lejanía. Aunque cuando, a la lucha del metal del Cádiz, y por nuestra insistencia, el diputado Albert Botran acudió, encontramos una buena acogida. Pero esa componente internacionalista, solidaria, de clase no ha estado presente. Y aquí una segunda conclusión: la CUP tampoco ha capitalizado la crítica desde la izquierda a los Comuns-Podemos. 

 La evolución de los resultados electorales de la CUP se inscribe en un ciclo global. El que se abre como respuesta a la profunda crisis capitalista de 2008-2009: el de los movimientos en todo el Norte de África y Oriente Próximo; el movimiento 15M, las múltiples huelgas generales en Grecia; y el ascenso del movimiento independentista en Escocia o Catalunya. Los movimientos entroncaban en nuevas referencias políticas: Syriza, Podemos, Corbyn, Sanders, el Bloco de Portugal, ERC, JXC (con la implosión de CiU) SNP... No es casual que las dos proclamaciones de la República Catalana se hicieran en octubre de 1934 y 2017, en plenas crisis capitalistas mundiales. Aquel ciclo ahora ha terminado. Las expresiones de nacionalismo burgués y refundaciones socialdemócratas están hoy en caída. La CUP forma parte, pero no es un problema de fatalismo histórico. 

 La primera fase de la crisis capitalista, lejos de estar superada prepara una segunda, agudizándola. Ha empezado con los aumentos de la inflación, posible recesión, la pandemia y la guerra alimentan esa reactivación de la crisis. Las condiciones de vida de la clase trabajadora vuelven a endurecerse: baja el poder adquisitivo, aumenta la miseria, también entre gente que tiene trabajo, porque el trabajo se precariza. Y es por estos motivos, porque se agudiza la tensión entre las clases sociales, que el capital financiero invierte en la construcción de la extrema derecha, para disputar la calle a la que no llegan el centro y la derecha tradicional. Choques importantes y decisivos están por llegar. 

 Efectivamente es necesario un replanteamiento. Las corrientes burguesas y pequeñas burguesas como JXC y ERC retroceden ante el estado, las tendencias socialdemócratas también y no se atreven a cuestionar los intereses del gran capital. Ninguna de estas organizaciones sirve ni para la defensa de los derechos de los pueblos frente al estado centralista ni para la defensa de los y de las trabajadoras ante la devastación y voracidad del capital. 

 Sí, es necesaria una refundación para reanudar un camino independentista, de clase, internacionalista. Y para reanudar ese camino es necesario devolver la democracia obrera al funcionamiento de la organización. Volvamos a las asambleas decisorias que daban envidia a toda la izquierda, como la del “Mas sí, Mas no”. Volvamos a dar la palabra a las bases. Si hablamos de Unidad Popular, respetemos y compartamos con las organizaciones que entran y dejemos a un lado la autoproclamación propia de los aparatos burocráticos para eclipsarlas, como hasta ahora ha venido ocurriendo. Volvamos a dar cuentas y a poner el trabajo en las instituciones al servicio de las necesidades de la lucha en la calle, y a construir organización. 

 Nuestras propuestas: 

1.- Volver a poner el centro en la lucha, contra la represión, en la calle. 

2.- Política decidida de denuncia del Govern Aragonés. Basta de treguas. Ni mesa de diálogo, ni acuerdo de claridad, ni nuevo referéndum. Es necesario recuperar la calle, y el 1 y el 3 de octubre y acercarse a la ANC para la movilización. 

3.- Giro a la izquierda, por la doble ruptura, nacional y social 

4.- Impulso de la coordinación en el estado e internacional de la lucha antirrepresiva y contra el régimen del 78. 

5.- Recuperación de los espacios internos de democracia y participación. 

6.- Impulsar un Frente que amplíe los actuales acuerdos electorales a las organizaciones de la izquierda anticapitalista.   

GALIZA

A CIG convoca concentracións nas Inspeccións de Traballo para que se obrigue as empresas a garantir a igualdade retributiva 

Infogauda / A Coruña

 A Secretaría das Mulleres da CIG ten convocadas concentracións para mañá, día 26 de setembro, ás 12:00 horas, diante das Inspeccións Provinciais de Traballo: 

• A Coruña: rúa Gaiteira, 54-56. 

• Vigo: Avda. Cánovas del Castillo, 18. 

• Lugo: Ronda da Muralla, 58. 

• Ourense: Parque de San Lázaro, 12. 

 O obxectivo destas concentracións (que se insiren na campaña iniciada no mes de maio baixo o lema “Imos rematar coa fenda salarial”) é denunciar as empresas que non entregaron o rexistro retributivo de 2022 e exixir deste Organismo que as obrigue a cumprir coa lexislación en materia de igualdade. 

 A Secretaría das Mulleres lembra que o artigo 28.2 do Estatuto das persoas traballadoras estabelece a obriga de todas as empresas a levar un rexistro cos valores medios dos salarios, os complementos salariais e as percepcións extrasalariais do seu cadro de persoal desagregados segundo o sistema de clasificación profesional aplicábel na empresa. E que o artigo 5 do RD 902/2020, estabelece as normas xerais sobre o rexistro retributivo que terán que seguir as empresas. 

 Porén, a maior parte das empresas nin realizaron esta consulta previa nin achegaron á representación legal das persoas traballadoras información a respecto do rexistro retributivo do ano 2022, ocultando información relativa aos salarios percibidos por mulleres e homes, e por tanto, evitando abordar e detectar posíbeis fendas salariais. 

 Por iso, alén de denunciar o incumprimento reiterado da normativa en materia de igualdade por parte da patronal tamén se reclama da Inspección de Traballo que actúe de inmediato para obrigar ás empresas a cumprir co principio de igualdade retributiva.