MONUMENTO A MESTRA DONA AURORA GONZÁLEZ NEIRA
• Urxe verificar se estáse vendo afectada por unha árbore próxima
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Desde fai algún tempo vimos observando algúns indicios que a medio ou longo prazo, poden dar lugar a danos no monumento a mestra dona Autora González Neira, obra do escultor Xosé Antúnez Pousa, natural de Estás (Tomiño), finado o pasado día 8 de agosto de 2023.
Coidamos que o devandito monumento, que foi erixido por iniciativa da Comisión Organizadora da Homenaxe a Dona Aurora González Neira, promovida por un grupo de ex alumnos, e foi inaugurado o sábado día 19 de setembro de 1981, estáse vendo afectado polas raíces dunha árbore próxima - tuia (Thuja occidentalis) -, que xa teñen desprazado algúns elementos pétreos desa obra. Por ese motivo, entendemos necesario que por parte de quen corresponda se verifique in situ o que indicamos, e se adoiten as medidas correctoras que por parte do persoal experto se indiquen, a fin de evitar danos maiores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario