25 de set. de 2023

GONDOMAR

Presentación do libro “O Val de Miñor durante a segunda república (1931-1936)”, de José Luís Mosquera Veleiro.

 O venres 29 de setembro ás 20:00h no local do IEM




IEM / Gondomar

 O Mes da Memoria, que todos os anos o IEM realiza por estas datas, comeza o día venres 29 de setembro ás 20:00h no local do IEM ca presentación do libro gañador do I premio de investigación Val de Miñor. Trátase da obra “O Val de Miñor durante a segunda república (1931-1936)” da autoria de José Luís Mosquera Veleiro.  

 O acto será presentado por Carlos Méixome, historiador e exdirector do IEM, e o doutor Julio Prada, que dirixiu a tese de doutoramento que deu lugar á obra que será presentada neste acto.  

PRÓXIMAS DATAS  

 O mes da memoria continuará ca presentación de “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos Escuros”, obra de Perfecto Ramos Rodríguez o día 6 de outubro ás 20:00h no multiusos de Sabarís, presentado por Anxo Rodríguez Lemos, doutor en Historia e membro da xunta de goberno do IEM.  

 O día 27 de outubro ás 20:00h Roberto Mera co seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”. Presentará o acto a escritora e xornalista Montse Fajardo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario