26 de abr. de 2023

A GUARDA

A VECIÑANZA DE A GUARDA VOLTOU A MOBILIZARSE EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Cunha concentración na tarde de hoxe, na praza de Avelino Vicente




Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda
 
 Respondendo á convocatoria feita pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galicia e SOS Sanidade Pública, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de A Guarda, realizou unha nova mobilización na vila de A Guarda, que coincidiu coas concentracións feitas nesta mesma data en varias localidades de Galicia, entre elas no Rosal, Tomiño, Ribeira, Santiago de Compostela, Burela, A Coruña, Cee, Cangas do Morrazo, Ferrol, Lalín, Laxe, Marín, Moaña... 

 Dese xeito, tal e como fora anunciada,  na vila de A Guarda, levouse a bo termo unha concentración na praza de Avelino Vicente, onde foi reiterada á demanda dunha sanidade pública de calidade e contra "a política de laminado e desmantelamento da sanidade pública, perpretada pola Xunta de Galicia", política de recortes que foi contestada pola cidadanía galega mediante unha iniciativa lexislativa popular, presentada no parlamento galego co apoio de máis 40.000 sinaturas e polas diferentes mobilizacións feitas ata agora.

A GUARDA

Sofía Vicente Álvarez será a candidata número 2 por Espazo Común á alcaldía de A Guarda  

 Súmase ao proxecto que lidera Celso Rodríguez Fariñas nesta localidade, e que propón unha nova alternativa no taboleiro político local  


Celso Rodríguez Fariñas e Sofía Vicente Álvarez, candidatos números 1 e 2, de Espazo Común nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio

Infogauda / A Guarda

 Sofía Vicente Álvarez concorrerá ás próximas eleccións municipais do 28 de maio como número dous por Espazo Común, á alcaldía de A Guarda. “Traballar polo meu pobo”. Esta é a idea que fixo decidirse a esta guardesa para unirse a este proxecto. “Nunca pensara meterme en política. Con todo, tras a chamada de Celso Fariñas propoñéndome que me unise ao seu equipo sentín ilusión por poder participar activamente na política local”. Sofía Vicente será, pois, a man dereita de Fariñas, a quen lle precede unha longa traxectoria na defensa dos intereses sociais, deportivos e políticos, e quen presentou recentemente a súa candidatura para presidir esta alcaldía por este partido que amplía, así, o abanico de alternativas dispoñibles para os votantes guardeses.   

 Para Sofía Vicente, profesora de vocación con máis de 20 anos de experiencia tanto con nenos como con adultos, Espazo Común é unha opción que representa politicamente o que é un dos seus principios da súa vida. Como subliña, “é un espazo aberto para persoas con inquietude política no que non hai ataduras nin imposicións desde ‘arriba’, e isto é fundamental para min”. 



 
O propio fundador de Espazo Común, Manuel Vázquez Fernández (Pachi Vázquez), sinalou recentemente que esta formación é un "movemento cidadán" que non pretende "máis nada que transmitir esa acción política nos concellos". Aínda que é certo que son un partido "moi novo", no últimos catro anos consolidáronse traballando con humildade, moita constancia e compromiso político”, destacou Vázquez.  

 Sofía Vicente anuncia tamén: “En breve presentaremos o noso programa que será tanto realista como ambicioso, e estará enfocado en potenciar os recursos da Guarda e poñer en valor o noso marabilloso pobo sempre pensando nos intereses de toda a cidadanía”.   

 Pola súa banda, para Fariñas, “A Guarda precisa un cambio de dirección. Non podemos vivir de apenas tres meses ao ano e o resto do tempo ser unha vila case pantasma. Temos moito potencial por explotar e moitos recursos que pór en valor”.  

 En espera de coñecer os demais candidatos para A Guarda por Espazo Común, e o programa que vertebrará a política guardesa que queren impulsar o próximos catro anos, Sofía Vicente dá pistas dos retos que ten por diante. Pretende introducir diálogo, moderación e pedagoxía –trazos moi característicos da súa personalidade– e que contribuirán a que o Concello de A Guarda avance no seu obxectivo de converterse no referente e o motor do Baixo Miño a todos os niveis. Por outra parte, tamén busca conseguir, con tenacidade, firmeza e decisión, que “todas as veciñas e veciños formen parte, interésense, involúcrense, gocen e participen da vida política social e política desta localidade: Que ningunha guardesa nin guardés quede á marxe. Necesitamos e contamos con todas e todos”.

O ROSAL

A transformación da contorna da igrexa das Eiras avanza a bo ritmo  

 O Concello dá o primeiro paso para desenvolver na zona un proxecto integral para a recuperación da contorna, poñendo en valor o patrimonio natural e cultural e mellorando espazos para as persoas  


As obras de transformación e mellora da accesibilidade da contorna da igrexa de San Bartolomeu, nas Eiras, avanzan a bo ritmo

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O proxecto de transformación e mellora da accesibilidade da contorna da igrexa de San Bartolomeu, nas Eiras, avanza a bo ritmo. A obra, posta en marcha hai apenas unhas semanas, busca recuperar unha zona cun elevado valor natural e patrimonial que vai dende a Ribeira ata a Madalena con actuacións que resolven problemáticas concretas, recuperan o patrimonio cultural e melloran os accesos, camiños e sendas.  

 O proxecto, redactado contando tamén coas ideas e suxestións achegadas pola veciñanza durante un encontro de participación social, comezou pola mellora da accesibilidade da igrexa e da súa contorna deteriorada. O obxectivo desta transformación integral é “dar prioridade ás persoas, mellorando as condicións de accesibilidade peonil para reconectar o Miño coa Madalena, creando espazos de calidade máis seguros, con mobiliario urbano que xere pequenas zonas de estancia e lecer”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

 As obras estanse a realizar con materiais de km 0, especies vexetais autóctonas sen regos e pavimentos permeables e semipermeables que melloren a relación entre o medio e as persoas. Ademais, o proxecto construtivo contempla formas e cores inspirados na paisaxe e no propio medio, mellorando así a accesibilidade e difuminándose entre o patrimonio existente.  

 Entre os traballos que se están a realizar nesta zona inclúese as obras na área intramuros para chegar a cota ata a entrada da igrexa cun ancho camiño que garanta a accesibilidade e a mellora de toda a contorna, facéndoa máis amable e repoñendo os elementos que se atopan en malas condicións. Melloraranse as escaleiras e instalaranse bancos corridos que xeren espazos de convivencia nas inmediacións da igrexa. 

 A intervención mimetízase en todo momento coa contorna empregando materiais e vexetación propios desta zona en diálogo coa rocha existente, potenciando a súa presenza e mellorando a accesibilidade con espazos de reunión arredor da igrexa e cun camiño completamente accesible paralelo á fachada. En canto á vexetación, crearase un efecto verde perenne que compoña a antesala da subida á ermida da Madalena, cunhas sobreiras catalogadas como árbores senlleiras, e con texturas que se mimetizarán coas rochas.

O ROSAL

A Xunta de Galicia pon de relevo o labor de Conservas A Rosaleira á hora de aportar valor engadido á produción galega de calidade  

 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou as instalacións da empresa, que traballa con produto das IXP Grelos de Galicia e Pataca de Galicia  

• Esta conserveira facilita semente aos produtores cos que traballa e, ademais, ten un proxecto innovador vinculado á rotación de diferentes cultivos e do grelo


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou hoxe as instalacións da empresa Conservas A Rosaleira

Foto: X.G.

Infogauda / O Rosal

 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou hoxe as instalacións da empresa Conservas A Rosaleira, dedicada a conservas vexetais. Alí, o director puxo en valor a calidade da produción da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia, da que A Rosaleira é operadora comercializadora, aportando -dixo- valor engadido a este selo.

 Así mesmo, ademais dos grelos, a empresa elabora conservas vexetais de diferentes tipos, dende cebola en aceite, verzas ao natural ou xudías, ata mirabeles, cogomelos ou patacas baixo a IXP Pataca de Galicia, entre outros. Nesa liña, Cabarcos destacou que esta conserveira traballa directamente cos produtores facilitándolles a semente dos alimentos que emprega, ademais de impulsar un proxecto innovador vinculado á rotación de diferentes cultivos e do grelo. Ademais, de cara ao desenvolvemento do seu labor, a empresa recibiu o apoio da Xunta por medio da liña de axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios.
 
 Cómpre destacar que a IXP Grelos de Galicia contaba en 2021 con máis de 600 hectáreas de cultivo inscritas nas que se produciron case 365.000 quilogramos de produto, que se traduciron nun valor económico de máis de 720.000 euros. Na IXP Pataca de Galicia, pola súa banda, roldáronse as 3.400 ha inscritas, nas que se produciron máis de 29 millóns de quilogramos por un valor de máis de 3 millóns de euros no 2021.

BAIONA

Alfonso Rueda asegura que non hai ninguén mellor que Almuiña para abrir a porta do cambio en Baiona  

 Hoxe, no acto de presentación da candidatura coa que o PP de Baiona concorre ás eleccións municipais e ao que asistiu tamén o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López

 Almuiña amosou a súa aspiración de acadar un “Concello aberto aos veciños” e unha aposta clara por “un urbanismo ao servizo da cidadanía” mediante a creación de novas vivendas e a rehabilitación das existentes, especialmente para as familias mozas 

 

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela asegurou que non hai ninguén mellor que Jesús Vázquez Almuiña e o seu equipo para recuperar a vontade da maioría dos veciños en Baiona



Infogauda / Baiona

 O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela asegurou que non hai ninguén mellor que Jesús Vázquez Almuiña e o seu equipo para recuperar a vontade da maioría dos veciños en Baiona, poñendo en valor a estabilidade, a solvencia e a vontade de servizo público que caracteriza a candidatura do PP neste concello.

 Rueda quixo poñer en valor o balance xestor do candidato, cualificándoo como un dos políticos en activo con máis traxectoria en Galicia e destacando que, aínda podendo renunciar a asumir novos retos, preferiu escoller Baiona para que a vila recupere o tempo perdido.

 Remarcou que a candidatura de Almuiña é a gran alternativa, xa que ofrece experiencia fronte á improvisación, progreso fronte ao atraso e a política útil fronte á política estéril.

 Nesta liña definiu ao PP como un partido que se dedica unicamente aos seus concellos e aos seus veciños fronte a un PSOE que só funciona co único propósito de salvar a cadeira a Pedro Sánchez na Moncloa e un BNG que vive das críticas e do non permanente a todo.

 Amosouse así convencido de que hai unha gran maioría que cre que a España lle iría moito mellor cun Goberno como o de Galicia, que se debe aos galegos e que constitúe o mellor exemplo de que se pode gobernar con sentido de Estado.

 Un exemplo, asegurou, de que pode haber unión en lugar de multipartitos, de que se está para resolver problemas e non para crealos, e de que os compromisos non valen de nada se non se cumpren.

 O líder dos populares galegos afirmou que en Baiona tamén goberna o sanchismo e que nesta vila non votar polo PP tamén equivale a avalar pactos de perdedores: “Non votar polo PP equivale a facer que a opinión da maioría non importe” .

 De aí que concluíse que Baiona ten nas súas mans a chave para abrirlle a porta ao cambio na vila para reactivar proxectos suspendidos, para volver facer do Concello unha institución ao servizo dos seus veciños  

ALMUIÑA: “QUERO UN CONCELLO ABERTO AOS VECIÑOS”

 O candidato á alcaldía de Baiona quixo expresar o seu agradecemento aos actuais concelleiros “especialmente ao voceiro Ángel Rodal” e ao seu novo equipo, ao que definiu como “un grupo valente, xeneroso e cunha vocación clara de servizo público para atender as necesidades dos veciños”.

 Almuiña destacou como liñas básicas do seu programa a estratexia da economía azul sostible, a potenciación do turismo, a pesca e o marisqueo, o comercio, a hostalaría e o emprego de calidade; así como a mellora de infraestruturas básicas: educativas, deportivas, humanizacións...

 O cabeza de lista do PP de Baiona amosou a súa aspiración de acadar un “Concello aberto aos veciños” e unha aposta clara por “un urbanismo ao servizo da cidadanía” mediante a creación de novas vivendas e a rehabilitación das existentes, especialmente para as familias mozas  

 Reivindicando o seu lema de campaña (Con Almuiña, Baiona en boas mans), Almuiña asegurou que o PP é única alternativa fronte outras opcións que supoñen manter no goberno ao partido que xestionaron do peor xeito este concello nos últimos catro anos  

CANDIDATURA DO PP DE BAIONA  

1. JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA  

2. POLICARPO VILAR MISA        

3.    JOSE ÁNGEL BAHAMONDE RODRÍGUEZ  

4. RUTH ÁLVAREZ GONZÁLEZ                  

5. ANA MARÍA IGLESIAS RODRÍGUEZ    

6. GONZALO PÉREZ BARREIRO    

7. SHEILA MARÍA GONZÁLEZ MARTÍNS

  8. NURIA LEYENDA GÓMEZ            

9.    JOSE MANUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ  

10. JOAQUÍN LÓPEZ GOCE   

11. DAVID GONZÁLEZ MISA    

12. CARLA GÓMEZ DOMÍNGUEZ  

13. AUGUSTO MÉNDEZ CHAMORRO  

14. MÓNICA DOCABO MARTÍNEZ  

15. FLORA CABRAL CARBALLO  

16. BRAIS GARCÍA DACUÑA   

17. MARÍA LUISA MARTÍNEZ ÁLVAREZ        

18. JOSÉ RODRÍGUEZ TRIGO    

19. CARLA BUJÁN DACUÑA    

20. MARIA ELENA RIBEIRO  FREIRE  

21. FERNANDO VALVERDE CHAMORRO

22. MARÍA JESÚS MARTÍNS PASSOS

OIA

Curso de prevención de riscos laborais no manexo de motoserra e rozadoira en Oia  

 



Infogauda / Oia 

 O  Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia  (ISSGA) organiza en Oia un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de motoserra e rozadoira. A actividade terá lugar do 3 ao 5 de maio e o prazo de inscrición está aberto ata o venres 28.  

 A acción formativa desenvolverase en tres sesións, os días 3, 4 e 5 de maio en horario de 15.30 a 20.30 horas. En total, ofértanse 15 prazas para a actividade.  

 As persoas interesadas en asistir deberán cubrir un formulario e envialo por correo electrónico ao enderezo issga.formacion@xunta.gal 

 O prazo de inscrición está aberto ata o día 28 de abril.  Para máis información pode chamarse aos teléfonos de contacto 981 551 704 / 659 515 371 e consultar a web do ISSGA.  

OIA

OS ACTOS DA INAUGURACIÓN DA CASA FORESTAL QUEDAN POSPOSTOS

 En canto ás visitas guiadas do domingo 30 de abril e luns 1 de maio, mantéñense tal e como estaban programadas


Aspecto que presenta a centenaria Casa forestal, logo de ser rehabilitada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Oia
Foto: Cedida


Patricia Muñoz Raña / Oia

 Finalmente, debido ás previsións de choiva para o sábado 29 de abril, os actos programados para a xornada de inauguración da casa forestal nese día quedan pospostos. A nova data para a celebración será o sábado 6 de maio, sempre que a meteoroloxía o permita. 

 En canto ás visitas guiadas do domingo 30 de abril e luns 1 de maio, mantéñense tal e como estaban programadas. Aproveitamos para comunicar que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles.

TOMIÑO

Tomiño inicia o seu Camiño de Santiago 

 O Concello presentou este mércores a variante da Nosa Señora do Norte tras un ano de investigación que documenta o paso de persoas peregrinas polo territorio  


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira; e o arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Tomiño deu este mércores o primeiro paso do seu Camiño de Santiago. Tras un ano de investigación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira; e o arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago, unha variante do Camiño de Santiago que pasa polo territorio que recollen xa os arquivos históricos.  

 “Co arduo traballo feito ata o de agora podemos documentar o paso de peregrinos e peregrinas por Tomiño ao longo dos séculos. Por iso hoxe iniciamos esta camiñada que non vai ser pequena, que vai levar tempo, pero rematará con éxito co recoñecemento oficial desta variante”, salientou a rexedora. 

 Unha proposta de nova variante de Camiño a Compostela realizada que fortalece a identidade transfronteiriza e permite tender novas pontes de amizade entre Galicia e Portugal, xa que comeza en Barcelos, segue por Viana do Castelo e Cerveira e cruza a Tomiño para continuar por Gondomar, Vigo e Redondela ata Vilavella, onde se funde co Camiño Central a Santiago. “É unha andaina que comezamos con moitas ganas dende o Concello de Tomiño e á que foron sumándose con ilusión a Eurocidade Cerveira-Tomiño e os concellos polos que pasa o trazado”, recalcou Sandra González. 

 Un entusiasmo que tamén destacou o alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, para quen “esta nova variante reafirma o proxecto de Eurocidade e a nosa relación histórica de traballo e amizade. Seguimos cimentando unha relación con Galicia que é moi importante para nós e pensamos que o que estamos a dar hoxe será o primeiro paso de centos de quilómetros camiñando xuntas e xuntos por este proxecto”. 

 Un traballo conxunto que tamén quixo poñer en valor o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, para quen esa unidade “é fundamental para ser imparables e conseguir o recoñecemento por primeira vez desta variante do Camiño de Santiago”. Pola súa banda, a concelleira de Turismo de Redondela, María Castro, amosou a ledicia do concello redondelán de sumarse a este novo proxecto, “porque sabemos que o camiño é un gran tractor para a economía e o turismo de calidade”. O acto celebrado no salón de plenos do Concello contou coa presenza da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e de autoridades e representantes do tecido asociativo e hostaleiro da comarca.  

 A investigación documenta o paso de peregrinos e peregrinas por Tomiño cara a Santiago dende polo menos 1295, ano do que data a referencia máis antiga coñecida. Como sinalou o investigador, Antonio Soliño, o xermolo do paso do Camiño por territorio tomiñés está na vila da Barca, “hoxe xa desaparecida situada no actual Goián, topónimo que certifica que era un dos pasos importantes do Miño”. E se algo caracteriza á variante tomiñesa é “o alto valor do patrimonio construído pola arquitectura de orixe medieval e barroca, pero sobre todo pola súa arquitectura militar e polo elevado número de elementos etnográficos, especialmente polos cañizos, cruceiros e petos de ánimas, algúns deles con moita importancia histórica”. 

 O estudo realizado se presentará ao Xacobeo e a Turismo de Galicia para propoñer a oficialización desta nova variante do Camiño de Santiago. Ademais, toda a investigación se recollerá nun libro que será presentado en breve e posto a disposición da veciñanza. 

TOMIÑO

Cita musical co Concerto de Primavera da Coral Polifónica de Tomiño 

 Será este domingo 30 de abril ás 19.00 horas no auditorio municipal de Goián. Entrada de balde  




Infogauda / Tomiño

 A Coral Polifónica de Tomiño prepárase para sorprender esta fin de semana ao público co seu tradicional Concerto de Primavera. Este domingo 30 de abril a coral tomiñesa ofrecerá no auditorio municioal de Goián un espectáculo no que todas as persoas asistentes poderán gozar do seu variado repertorio, que inclúe cancións populares e clásicas, así como algunhas pezas contemporáneas.  

 Baixo a dirección de David González Sobrino, a Coral Polifónica de Tomiño subirá ao escenario ás 19.00 horas cunha actuación aberta a todos os públicos. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.  

 A coral tomiñesa comezou a súa andaina no ano 1997 da man de Teresa Clara Iglesias Ramilo e na actualidade está formada por 30 voces mixtas que teñen gañado o recoñecemento do público pola súa calidade e estilo único. Dende a súa fundación, a agrupación polifónica percorreu as comarcas veciñas, así como moitas outras de toda Galicia, España e Portugal, participando en numerosos intercambios, encontros e concursos. 

O BAIXO MIÑO

O BNG propón un acceso apropiado ao polígono industrial de Areas afectado polas obras da vía rápida Tui-A Guarda   

Xosé Luís Bará denunciou  que o actual “funil”,  de 8 metros, impide o cruce de dous vehículos articulados  e reclamou un acceso “nas mellores condicións”, despois de 58 M€ de investimento  

Lamentou que o Partido Popular desoa as reclamacións da veciñanza e cualificou de “chapuza” o acceso ao poligono industrial  


O deputado do BNG, Xosé Luís Bará Torres amosou no Parlamento galego diversas fotografías para demostrar que resulta imposible o tránsito de tráfico pesado que pretende acceder ao polígono industrial de Areas

Infogauda / O Baixo Miño

 A través dunha pregunta ao goberno, o deputado do BNG, Xosé Luís Bará Torres reclamou facilitar un  acceso apropiado ao polígono industrial Areas afectado polas obras da  rápida Tui- A Guarda.  

 O parlamentario explicou que o polígono  naceu hai varios anos cun problema de acceso  que obrigaba en moitas ocasións a acceder a través dun centro comercial contiguo. 

 Esta situación, dixo,  motivou que na parroquia de Areas dende hai anos, se produzan tapóns que “colapsan o acceso” á zona comercial e á zona industrial. A veciñanza de Areas, de Randufe e do propio núcleo de Tui, entenderon que eses colapsos  poderían  solucionarse coas obras da vía rápida Tui- A Guarda,  cun investimento inicial  de 21  millóns de euros.  

 Para o deputado, o goberno, lonxe  de aportar unha  solución, habilitou un paso de escasos 8 metros, nos que a duras penas pode cruzar un turismo con outro. A   xuízo, do deputado, este acceso é “unha verdadeira chapuza” no paso de conexión da Autovía 55 ao polígono de Areas en Tui.  

 O parlamentario amosou diversas fotografías para demostrar que resulta imposible o tránsito de tráfico pesado que pretende acceder ao polígono polo que preguntou se a consellería de Infraestruturas é consciente das dificultades do tráfico e das persoas que deben utilizar unha beirarrúa de 50 cm que cualificou de “ilegal”.  

 Unha simple visita ao lugar, dixo o nacionalista,  constata que estamos ante unha deficiente xestión e unha “actuación esperpéntica” dunha obra que ascende na actualidade a “33 millóns de euros” e de non incluír  unha rectificación ,   “hipotecará  o futuro da mobilidade de miles de veciños da contorna e  do propio polígono industrial de Areas”.  

 O actual funil, explicou, forma parte dunhas obras que superan os 31M€ de investimento e unha obra con dúas adxudicacións á mesma empresa. As obras foron paralizadas durante oito anos e a Xunta volveu a adxudicar as obras a mesma empresa, “Copasa”.  

 Naquel momento, engadiu Bará, os planos recollían a construción de dúas rotondas e un vial que pasa por debaixo da autovía, supostamente de dobre dirección pero a realidade, é  “un tubo polo que non pasan dous coches ou un camión articulado”.   

 Tras a resposta da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez que non anunciou ningunha rectificación  do acceso ao polígono industrial, o deputado do BNG recomendou á conselleira que visite a zona para explicarlle aos veciños que a previsión da Xunta era unha dobre rotonda con un dobre carril, e isto non se vai facer. “Non sigan enganando a xente, non a estafen”.  

 O deputado pediu á titular de infraestruturas que “non mire para outro lado” e non agarde a que poida empotrarse un vehículo articulado pola falta de espazo. Están a tempo, rectifiquen porque despois de 58 millóns investidos están obrigados a facer unha obra “en condicións” e cun acceso apropiado ao polígono industrial. “Non permitan esta chapuza”, concluíu.

TUI

O SABOR DAS AVOAS CHEGOU AO MERCADO DE TUI DA MAN DO PROGRAMA “DEGUSTA EUROPA” DA DEPUTACIÓN 

Carmela Silva: “Queremos poñer en valor o que nos une en Europa, que é o patrimonio inmaterial dos mercados, da gastronomía e dese produto de excelencia que temos na provincia”


A presidenta da Deputación, Carmela Silva - 2ª pola der. -, xunto co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a secretaria do CIFP Manuel Antonio, Beatriz Pol, na Praza de Abastos de Tui para celebrar “Degusta Europa”

Fotos: D.PO.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, o alcalde de Tui e  a secretaria do CIFP Manuel Antonio, cos alumnos e alumnas do CIFP Manuel Antonio na Praza de Abastos de Tui



Infogauda / Tui

 Tosta de lacón con grelos, chopo de caldo galego e aire de chourizo, tosta de san Xoán, taco de segredo de porco, tortaleta de queixo e marmelo, melindres e enreixado de cabelo de anxo. Esas foron as degustacións que os alumnos e alumnas do CIFP Manuel Antonio elaboraron hoxe na Praza de Abastos de Tui para celebrar “Degusta Europa”, o programa co que a Deputación de Pontevedra conmemora a data do 9 de maio, Día de Europa e da firma, no ano 1950, da “Declaración de Schuman”. A veciñanza da vila e as persoas traballadoras da praza deron conta dos preto de 1.000 petiscos que formaban parte deste menú especial acompañadas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a secretaria do CIFP Manuel Antonio, Beatriz Pol.  

 “Queremos poñer en valor o que nos une en Europa, que é o patrimonio inmaterial dos mercados, da gastronomía e dese produto de excelencia que temos na provincia de Pontevedra e na localidade de Tui”, asegurou Carmela Silva, que invitou á veciñanza a desfrutar dos petiscos do CIFP Manuel Antonio, “realizados con produtos de proximidade, porque o produto de Galicia é de excelencia e único no mundo”.  A edición deste ano do programa está ligada á campaña de turismo da Deputación, “Orixe”, polo que fai unha homenaxe a gastronomía das avoas e das nais, para o que o alumnado do CIFP Manuel Antonio reinterpretou receitas tradicionais con técnicas do século XXI. Precisamente, a presidenta quixo poñer en valor o traballo deste centro “que é un orgullo para esta provincia e para toda Galicia, porque ten grandes premios e recoñecementos e un profesorado moi comprometido”. Neste sentido, a secretaria da escola, Beatriz Pol, recalcou que este tipo de programas “son unha gran oportunidades para sacar aos alumnos e alumnas do centro, facer algo diferente e amosar á xente o que estamos a facer”.  

 Carmela Silva aproveitou a ocasión para poñer en valor os mercados, “que temos que coidar e modernizar, para reconvertelos tamén en espazos de encontro, de degustación e que sexan grandes lugares de referencia. Porque os mercados tradicionais son os do produto cero, de proximidade”. Na mesma liña se expresou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que recalcou que este programa “mostra o compromiso co sector primario, co comercio e co mercado”, e destacou a importancia de contar con mercados que teñan instalacións “adecuadas ás novas demandas das e dos consumidores”, como acontecerá coa Praza de Abastos de Tui trala súa reforma, que permitirá “modernizalo e viabilizar o seu futuro”.  

 “Degusta Europa” chega ao longo destes días a seis mercados da provincia para poñer en valor os produtos quilómetro cero á vez que dinamiza os mercados municipais para darlle un toque de innovación e vangarda gastronómica da man dos centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra. O alumnado do primeiro, ademais de elaborar os petiscos de Tui, será o encargado dos menús de Baiona (3 de maio) e Vigo (4 de maio). Pola súa banda, o CIFP Carlos Oroza estivo a cargo dos menús que se serviron en Redondela, Cambados e Pontevedra.

O PORRIÑO

Paros parciais de dúas horas e mobilizacións no CTAG en demanda de salarios dignos e de categorías laborais xustas  

 Terán lugar este xoves 27 de abril, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas 


A sección sindical da CIG no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galiza (CTAG) convocou unha xornada de folga parcial para este xoves 27

Foto: CIG

Infogauda / O Porriño

 A sección sindical da CIG no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galiza (CTAG) convocou unha xornada de folga parcial para este xoves 27 en demanda de salarios dignos e de categorías laborais xustas. Os paros desenvolveranse de 11:00 a 13:00 na quenda de mañá e de 17:00 a 19:00 horas na de tarde, ao tempo que se desenvolverá unha concentración diante da empresa durante o paro da mañá.  

 Esta xornada de folga é unha continuación das mobilizacións en defensa dunhas condicións laborais dignas, reclamando a implantación dun sistema de clasificación e promoción profesional que se axuste á realidade do traballo que desenvolve o persoal do CTAG. E tamén para rexeitar ao acordo asinado polo resto do comité de empresa, que non contempla ningunha medida neste aspecto.  C

 oincidindo co paro da mañá terá lugar tamén unha concentración de 11:00 a 13:00 horas diante das instalacións da empresa no Porriño, situadas no polígono industrial da Granxa. 

VIGO

Denuncian a imposición dun protocolo de ausencia de pediatras nos centros de saúde vigueses que obriga o persoal de enfermaría a atender e valorar os pacientes 

 A CIG-Saúde considérao un intento de encubrir a falta de persoal e reclama a retirada dunha medida que xa está a causar situacións de tensión nalgúns centros 


Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG-Saúde de Vigo denuncia a imposición dun protocolo ante as ausencias de pediatras nos centros de saúde da área sanitaria que obriga o persoal de enfermaría a asumir a asistencia e a valoración dos pacientes. A central sindical considérao un intento de encubrir a falta de persoal existente e reclaman a a retirada dunha medida que está a causar malestar entre os profesionais. 

 Dende a CIG-Saúde sinalan que o protocolo imposto polo Sergas indica a valoración por parte de enfermaría das citas que se consideran que teñen que ser vistas no día e a posterior comunicación vía telefónica con persoal de pediatría doutros centros de saúdo ou dos hospitais. 

 “Deste xeito pretenden encubrir a falta de pediatras nos centros, cargando a responsabilidade desta situación sobre o persoal de enfermaría”. Consideran ademais que esta medida tradúcese nunha falta de información á poboación que acude os centros de saúde descoñecendo que non hai pediatras, “algo que xa está a producir situacións de tensión nalgúns centros”. 

 Ao mesmo tempo, censuran que a representación legal das/os traballadoras/es non foi informada na Comisión de Centro nin por outras vías “malia que supón unha modificación das condicións de traballo”. En consecuencia, reclaman a retirada deste protocolo “que descarga a responsabilidade de falta de persoal médico sobre o colectivo de enfermaría”. 

 Finalmente, solicitan que se informe a poboación tanto da falta de pediatras como dos que centros se atopan nesta situación e demandan “que se tomen medidas consensuadas co persoal implicado”.

VIGO

A CIG denuncia que a cada vez máis deteriorada política de persoal do Concello de Vigo afecta os servizos públicos 

• O atraso nas ofertas de emprego provoca que das 302 vacantes actuais, tan só 110 están ocupadas de xeito interino 


Protesta de personal do Concello de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A sección sindical da CIG no Concello de Vigo denuncia que “a cada vez máis deteriorada” política de persoal do Goberno local está a afectar negativamente o funcionamento dos servizos públicos, até o punto de que se opta por contratar empresas privadas para levar a cabo distintas funcións ante a falta de traballadores/as municipais. De feito, o atraso nas ofertas de emprego provoca que das 302 vacantes actuais, tan só 110 están ocupadas de xeito interino, o que provocou xa peches temporais como os do arquivo municipal ou da oficina de Benestar Social de Teis. 

 Dende a centra sindical censuran que esta falta de persoal levou o Concello a contratar unha empresa para que se faga cargo das becas para libros por importe de 205 euros anunciadas polo alcalde “porque o Servizo de Educación está baixo mínimos”. De xeito que “para poder pagar as becas antes das eleccións” botaron man dunha compañía para tramitar as solicitudes a cambio de 15.000 euros. “Puideron ter contratado persoal administrativo por acumulación de tarefas, pero é máis fácil pagarlle a unha empresa”, lamentan. Esta escaseza de traballadores/as provocou tamén o peche da oficina de Benestar Social de Teis hai un par de meses e do arquivo municipal durante os tres días laborábeis da Semana Santa. 

 “Esta situación é consecuencia directa do atraso e da lentitude en rematar as ofertas de emprego, porque das 302 vacantes existentes na actualidade só 110 están ocupadas interinamente”, sinalan. Ao tempo que advirten que de seguir con este ritmo á hora de convocar as ofertas de emprego algúns/as destes/as interinos/as van a rematar o seu contrato ao superar os tres anos que establece a lei. 

 “Con esta porcentaxe de vacantes non hai un servizo que non estea falto de persoal, o que lle dá un plus de tensión e ansiedade ao persoal que ten que suplir o traballo das vacantes, ademais de traducirse nunha falta de atención á cidadanía, con citas a longo prazo ou co peche de oficinas”. 

Atrasos nas ofertas de emprego   

 Como exemplo poñen os atrasos nas ofertas de emprego, como a dos anos 2017-18-19, cuxo prazo de solicitudes rematou o 16 de novembro do 2022, sen que a día de hoxe (5 meses despois) se publicase aínda a lista de persoas admitidas e as datas das probas. 

 “Se é inaudito tardar máis de catro anos en rematar unha oferta de emprego, o que non pasa en ningunha outra administración, o máis grave é que as prazas convocadas (64) nesta fase (a terceira) son as das categorías máis baixas. E logo xustifican a privatización de servizos municipais aludindo á de persoal”. A maiores, sinalan que parte destas 64 prazas son de promoción interna, polo que este atraso está a restrinxir o dereito do persoal fixo a promocionar profesionalmente. 

 E tamén se preguntan cando teñen pensado convocar as ofertas de emprego de 2020-21-22. Con respecto á de 2023 lembran que segundo a lexislación debera aprobarse un mes despois dos orzamentos. “Estamos case en maio e non amosaron nin a intención de negociala”. 

 En canto á oferta de emprego de estabilización, explican que dende que se publicaron as bases xerais en decembro as bases específicas seguen sen coñecerse, “polo que a este paso xa estarán xubilados/as algúns dos/as afectados/as”. 

 No referente ao concurso de traslados indican que no mes de decembro aprobáronse na Mesa de Negociación as bases para os grupos C2 e C1, “pero a día de hoxe non están nin se esperan”. E igual no que ten que ver coa creación de bolsas para contratacións: en marzo de 2022 publicáronse as bases para crear bolsas  para contratacións de técnico/a de prevención, técnico/a de xestión e axente de igualdade. “Mais un ano despois están sen rematar”.

OPINIÓN

¡Arde Francia! ¡Fuera Macron!  




Miguel Lamas*

 La aprobación por decreto del primer ministro Macron de la reforma de pensiones el 16 de marzo, aumentando edad, años y aportes para jubilarse, incentivó la rebelión obrera y popular. Ya van casi tres meses de protestas, con manifestaciones que agrupan a millones de personas en todo el país y con jornadas de huelga. La decisión del Consejo Constitucional de validar el texto principal de la reforma y la promulgación de la ley, por Macron, a las 3 y 28 de la mañana del 15 de abril le metió más leña al fuego de la crisis política y social del país. 

 Como lo expresó un manifestante “¡Ya no es sólo por las pensiones, es por todo!” El grito de ¡Fuera Macron! y las estrofas del himno La Marsellesa, que para los franceses está asociado a las revoluciones y rebelión popular, inundaron las calles. 

 El decreto de Emanuel Macron, se basó en el artículo 49.3 de la Constitución, permitió sacar adelante la ley sin aprobación legislativa. 

 Esta aprobación por decreto es evidentemente antidemocrática, ya que una amplísima mayoría de franceses, un 70% según encuestas, se oponen. 

 Además de millones de manifestantes, hombres y mujeres, de todas las edades, jóvenes y también jubilados, la agencia France 24, señala que "una amplia mayoría de los franceses también ha expresado su apoyo a las huelgas pese a que han interrumpido las clases, el transporte público, aviones y trenes, y la recolección de basura".  

 En lugar de favorecer la resignación, la aprobación con el polémico artículo 49.3 de la Constitución acentuó la indignación. 

 Del rechazo de la reforma, se ha pasado a una contestación más generalizada contra Macron y el sistema vertical y presidencialista de la Quinta República, además de la denuncia de la violencia policial contra manifestantes. 

 En esta nueva etapa del proceso, uno de los datos más relevantes es la entrada masiva del movimiento estudiantil y juvenil. 

 La derrota de Macron en la Asamblea Nacional (parlamento) se explica también por esta gran presión popular, que hizo que hasta los diputados de la ultraderecha que encabeza Marine Le Pen, tengan que oponerse a la reforma. Aunque muchos de estos mismos diputados actuaron como cómplices, cuando pocos días después no votaran a favor de la “censura” a Macron que hubiera provocado su caída y la anulación del decreto. 

 La rebelión obrera y popular, ya van, al momento de escribir esta nota, por la undécima marcha masiva con millones de personas en decenas de ciudades y numerosas huelgas en diferentes sectores como transporte, recolectores de basura, educación, puertos, electricidad, etc. Y después de la aprobación por decreto por Macrón las movilizaciones dieron un salto, entraron en una nueva etapa exigiendo en las calles que se vaya Macron, y comenzaron también enfrentamientos por represión policial. 

 Según informaciones policiales, sólo en el pasado jueves 23 de marzo, a una semana del decreto repudiado, las protestas masivas dejaron un total de 457 detenidos y 441 policías y gendarmes heridos.  

 Muchos medios ya comparan lo que sucede con mayo del 68, la gran rebelión obrera y estudiantil francesa posterior a la Segunda Guerra Mundial.  

“¡Queremos la cabeza de Macron!” 

 Esto gritaban muchos manifestantes en las calles, inspirados por La Marsellesa, comparando con lo sucedido al rey decapitado, Luis XVI, en 1793.  

 Según una de las crónicas: “hemos visto a todo el mundo salir a la calle. Desde el principio pareció que no se trataba sólo de una huelga en el sentido sindical habitual en Francia. Estudiantes, colectivos feministas, trabajadores de todos los sectores imaginables, trabajadores de la limpieza, bomberos, enfermeras, repartidores, migrantes indocumentados, familias con sus hijos, grandes bloques en las marchas de mujeres inmigrantes kurdas con bailes y música, con canciones guerrilleras, gente de todas las edades, griegos que no podíamos imaginar que hubiera tantos en París, todos los sindicatos con sus colores y coches viniendo al frente de las marchas…” (desinformémonos.org) 

 Es desde hace muchos años que los gobiernos capitalistas franceses intentan liquidar la importantísima conquista de las jubilaciones en Francia, basadas en el sistema de reparto, que se pagan con aportes de los que trabajan y también de los patrones. En 1995 hubo un intento y fue derrotado por otra gigantesca movilización.  

 En 2019, durante su primer mandato, también fue derrotado por masivas protestas el primer intento de Macron por cambiar el sistema de pensiones. Entre ellas un gran paro ferroviario, el más extenso en la historia de Francia.  

 La reforma actual que intentan, no es sólo aumento de la edad jubilatoria de 62 a 64 años, sino también aumento de los años de aportes que llegan a 43 años. Y también el fin de las jubilaciones a los 60 años que favorecía a trabajadores de salud. 

 Macron está más débil que en el 2019, el capitalismo está más en crisis y exigen a Macron que adopte medidas para aumentar o recuperar sus ganancias. Por eso aprobó la reforma de pensiones y ni se reunió con las direcciones sindicales para discutir alguna modificación menor.  

 La ley de pensiones es parte, pero también están los salarios, las leyes laborales, la carestía de la vida en primer lugar, los combustibles, electricidad y gas (motivo de la rebelión de “chalecos amarillos” en el 2018), y también la destrucción ecológica. Por eso el descontento de millones.  

 El corresponsal del diario español El País en París señala: “ahora se han sumado en masa a las protestas adolescentes y estudiantes universitarios que salen a manifestarse por la lejana pensión, pero también por una aspiración más abstracta y a la vez poderosa: un futuro mejor”. Es decir, no sólo pensiones en su vejez, sino trabajos y salarios dignos en su juventud. 

El rol de las direcciones reformistas  

 El 17 de abril Macron dio un mensaje por la televisión a la hora de la cena, pretendiendo calmar los ánimos y prometiendo leyes y un “pacto de la vida del trabajo”. Pero nadie le cree. La respuesta fue la realización de cerca de 300 cacerolazos espontáneos en todo el país. La consigna que más se cantaba fue “Macron dimisión”.  

 Macron no hace más que agudizar la crisis política y social de Francia. Ante esta situación de gran confrontación social y con un rechazo del 70 por ciento de la gente a Macron, cabe preguntarse: ¿por qué no cae aún la reforma y el mismo Macron? 

 Sencillamente porque las direcciones políticas y sindicales reformistas no tienen esa política. Veamos cómo actúan y que proponen. Mientras miles hacían 300 cacerolazos en repudio al discurso de Macron del 17 de abril y pedían que se vaya, la Intersindical que agrupa a nueve centrales, convocaba a “una gran movilización” recién para el 1° de mayo. Casi para 15 días después, sin convocar ni preparar una huelga general que paralice Francia para anular la reforma y que se vaya Macron.  

 La consigna de “Macron dimisión” no ha sido levantada ni por las centrales sindicales ni por la oposición de izquierda reformista, empezando por la figura más reconocida de Jean-Luc Mélenchon, dirigente de la organización Francia Insumisa. 

 Todos han salido con duras declaraciones contra Macron pero ninguno plantea, hasta ahora, que se vaya ni convocan a organizar una huelga general y un plan de lucha hasta que se vayan la reforma jubilatoria y Macron. Esa izquierda reformista también pesa en las direcciones sindicales de la Intersindical.  

 El centro de la política de la izquierda parlamentaria es evitar la caída del gobierno de Macron por una movilización revolucionaria. Buscan usar el desgaste político de Macron para ganar espacio hacia futuras elecciones. Por eso su centro ha sido presentar un proyecto parlamentario para promover un referéndum popular, el RIP (siglas en francés de Referéndum de Iniciativa Compartida). O sea, desviar la movilización de masas hacia la búsqueda de cerca de 5 millones de firmas que se necesitaría. Aunque el Consejo Constitucional ya lo habría rechazado también.  

 La izquierda reformista está nucleada en la Nueva Unión Popular Ecológica y Social (NUPES) integrada por la Francia Insumisa y los partidos Comunista, Socialista y Europa Ecología los Verdes. (1) 

 En esta situación hasta la ultraderechista Marine Le Pen, le compite a la izquierda reformista con su discurso agresivo contra Macron.  

Preparar una huelga general y un plan de lucha por “Fuera Macron y la reforma”  

 Las centrales sindicales francesas, unidas en la Intersindical (2), han convocado a diez gigantescas marchas nacionales en decenas de ciudades. Hay huelgas parciales en diferentes sectores. Y sólo convocan a marchas callejeras que son masivas por el empuje de las bases, pero son insuficientes para derrotar a Macron.  

 La Intersindical sigue sin preparar y lanzar una huelga general unida que paralice a Francia y un plan de lucha conjunto discutido con las bases en asambleas.  

 La Intersindical la encabezan direcciones conciliadoras históricamente influenciadas por las diversas alas de la socialdemocracia, el PC, sectores ligados a la Iglesia, ex miembros del PC, ecologistas, etc. La primera central es la Confederación Francesa Democrática del Trabajo (CFDT, encabezada por Laurent Berger, proveniente de una corriente cristiana, y la segunda es la Confederación General del Trabajo (CGT), históricamente influenciada por el PC, aunque ha ido perdiendo hegemonía. Hasta marzo, y durante ocho años, la dirigió Philippe Martínez, secretario general de la CFDT un ex militante del PC. Lo reemplazó Sophie Binet, una izquierdista independiente y ecologista.  

 El 4 de abril, después que se aprobara por decreto la Reforma de Pensiones, y a pesar de la declaración posterior del gobierno afirmando que “la discusión terminó, la reforma se aprobó”, los dirigentes de la Intersindical se reunieron con la primera ministra Elisabeth Borne. Salieron de la reunión calificándola de “un fracaso” pero insistiendo en negociaciones para “postergar” la reforma. Laurent Berger, secretario general de la CFDT, llegó a decir que "quizás no haya salida y esta ley finalmente se promulgue y aplique" (Clarín, Argentina, 16/4/2023). 

 Pero en las calles ya no se cree en negociaciones y la demanda es ahora ¡Fuera Macrón! Y las bases están desbordando a los dirigentes con bloqueos, huelgas, muchas decididas por las bases, y enfrentando a la policía.  

 La profundización de la lucha plantea la necesidad de discutir la perspectiva de un gobierno del pueblo trabajador desde sus organizaciones de base. 

 Es cada vez más necesario una huelga general y un plan nacional de lucha para derrotar al gobierno e imponer un plan económico del pueblo trabajador. No sólo exigir que se anule la reforma de pensiones, sino reclamos de fondo como lo están planteando algunos sectores de izquierda y de base, como una nacionalización con control de los trabajadores de todo el sistema energético y los bancos, los dos grandes sectores capitalistas que se están beneficiando o especulando con la crisis.  

 Denunciando la política conciliadora de la Intersindical con el gobierno, se formó la “Red por la Huelga General”, con 250 activistas y dirigentes de base de diferentes sindicatos y la juventud, que llama a dar el “golpe final” a la reforma de pensiones (ver nota). La formación de esta red es un gran paso en la lucha por lograr una nueva dirección política y sindical de la clase trabajadora y la juventud francesa.

 ¡Viva la lucha de trabajadoras, trabajadores y juventud de Francia! Desde la UIT-CI damos todo nuestro apoyo y llamamos al apoyo internacional. 

(1) El Nuevo Partido Anticapitalista (NPA) se dividió en su congreso de diciembre de 2002 debido a que la tendencia que encabeza la corriente mandelista (ex LCR) con las figuras públicas del partido (Philippe Poutou y Olivier Besancenot), decidió irse hacia una  alianza con Francia Insumisa y NUPES.  

 (2) La Intersindical la integran la Confederación Francesa Democrática del Trabajo (CFDT, Confederación General del Trabajo (CGT), la Sud Solidaires, Fuerza Obrera (FO), la Federación Sindical Unitaria (FSU), Unión Nacional de Sindicatos Autónomos (UNSA), la Confederación Francesa de Gestión-Confederación General de Ejecutivos (CFE-CGC) y la Confederación Francesa de Trabajadores Cristianos (CFTC).

* Miembro de la dirección de la UIT-CI. (Unidad Internacional de Trabajadoras y Trabajadores – Cuarta Internacional)