Paros parciais de dúas horas e mobilizacións no CTAG en demanda de salarios dignos e de categorías laborais xustas
• Terán lugar este xoves 27 de abril, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas
A sección sindical da CIG no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galiza (CTAG) convocou unha xornada de folga parcial para este xoves 27
Foto: CIG
Infogauda / O Porriño
A sección sindical da CIG no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galiza (CTAG) convocou unha xornada de folga parcial para este xoves 27 en demanda de salarios dignos e de categorías laborais xustas. Os paros desenvolveranse de 11:00 a 13:00 na quenda de mañá e de 17:00 a 19:00 horas na de tarde, ao tempo que se desenvolverá unha concentración diante da empresa durante o paro da mañá.
Esta xornada de folga é unha continuación das mobilizacións en defensa dunhas condicións laborais dignas, reclamando a implantación dun sistema de clasificación e promoción profesional que se axuste á realidade do traballo que desenvolve o persoal do CTAG. E tamén para rexeitar ao acordo asinado polo resto do comité de empresa, que non contempla ningunha medida neste aspecto. C
oincidindo co paro da mañá terá lugar tamén unha concentración de 11:00 a 13:00 horas diante das instalacións da empresa no Porriño, situadas no polígono industrial da Granxa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario