Curso de prevención de riscos laborais no manexo de motoserra e rozadoira en Oia
Infogauda / Oia
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) organiza en Oia un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de motoserra e rozadoira. A actividade terá lugar do 3 ao 5 de maio e o prazo de inscrición está aberto ata o venres 28.
A acción formativa desenvolverase en tres sesións, os días 3, 4 e 5 de maio en horario de 15.30 a 20.30 horas. En total, ofértanse 15 prazas para a actividade.
As persoas interesadas en asistir deberán cubrir un formulario e envialo por correo electrónico ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
O prazo de inscrición está aberto ata o día 28 de abril. Para máis información pode chamarse aos teléfonos de contacto 981 551 704 / 659 515 371 e consultar a web do ISSGA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario