26 de abr. de 2023

TOMIÑO

Cita musical co Concerto de Primavera da Coral Polifónica de Tomiño 

 Será este domingo 30 de abril ás 19.00 horas no auditorio municipal de Goián. Entrada de balde  




Infogauda / Tomiño

 A Coral Polifónica de Tomiño prepárase para sorprender esta fin de semana ao público co seu tradicional Concerto de Primavera. Este domingo 30 de abril a coral tomiñesa ofrecerá no auditorio municioal de Goián un espectáculo no que todas as persoas asistentes poderán gozar do seu variado repertorio, que inclúe cancións populares e clásicas, así como algunhas pezas contemporáneas.  

 Baixo a dirección de David González Sobrino, a Coral Polifónica de Tomiño subirá ao escenario ás 19.00 horas cunha actuación aberta a todos os públicos. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.  

 A coral tomiñesa comezou a súa andaina no ano 1997 da man de Teresa Clara Iglesias Ramilo e na actualidade está formada por 30 voces mixtas que teñen gañado o recoñecemento do público pola súa calidade e estilo único. Dende a súa fundación, a agrupación polifónica percorreu as comarcas veciñas, así como moitas outras de toda Galicia, España e Portugal, participando en numerosos intercambios, encontros e concursos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario