A VECIÑANZA DE A GUARDA VOLTOU A MOBILIZARSE EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
Cunha concentración na tarde de hoxe, na praza de Avelino Vicente
Respondendo á convocatoria feita pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galicia e SOS Sanidade Pública, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de A Guarda, realizou unha nova mobilización na vila de A Guarda, que coincidiu coas concentracións feitas nesta mesma data en varias localidades de Galicia, entre elas no Rosal, Tomiño, Ribeira, Santiago de Compostela, Burela, A Coruña, Cee, Cangas do Morrazo, Ferrol, Lalín, Laxe, Marín, Moaña...
Dese xeito, tal e como fora anunciada, na vila de A Guarda, levouse a bo termo unha concentración na praza de Avelino Vicente, onde foi reiterada á demanda dunha sanidade pública de calidade e contra "a política de laminado e desmantelamento da sanidade pública, perpretada pola Xunta de Galicia", política de recortes que foi contestada pola cidadanía galega mediante unha iniciativa lexislativa popular, presentada no parlamento galego co apoio de máis 40.000 sinaturas e polas diferentes mobilizacións feitas ata agora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario