27 de nov. de 2023

A GUARDA

ANABAM PUBLICOU O SEU "CARRIZAL" Nº 14 - ÉPOCA II


Portada do "Carrizal", nº 14 - Época II


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Como habiamos dito oportunamente, continuamos dando conta da publicación dun novo número do boletín "Carrizal", editado pola Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM). Trátase, neste caso, do número 14 - Época II, correspondente a xullo-agosto de 2022. 

 Na súa portada figura unha fotografía - da autorìa do fotógrafo Luis Dorado Senra, de O Rosal - da Orobanche arenaria, unha planta pubescente glandular que podemos ollar en zonas secas, ben drenadas, e en xeral areosas.

 Nas páxinas interiores, ademais da información referida aos membros da xunta directiva de ANABAM, medios de contacto, importe das cotas, etc., podemos ler os seguintes artigos:

  • Qué consumían os castrexos?, de Antón Ferreira Lorenzo.

  • Muiño de Mazaracos ou do Penedo, de José Antonio Uris Guisantes.

  • O Parque das Moreiras de Chans (1927-1932), de Joaquín Miguel Villa Álvarez.

 • Escaravellos do Baixo Miño: Geotrupes (Geotrupes) mutator, de M. Javier Blanco Souto.

  • Lagoa de Caldelas de Tui, de Brais Táboas Castro.

  • Hyles livornica, de Agufelo.

  • Área Recreativa As Penizas. Varios autores.

  • Área recreativa Circos. Varios autores.

 • Acibro da Portela (Burgueira-Oia). Varios autores.

  • Alcipreste do Trega. Varios autores.

  • Cetáceos: rasgos identificativos, de Agustín Ferreira Lorenzo.

  • Cousas de ANABAM.

  • Saídas ao campo do grupo de traballo.

  • Recollendo datos da andoriña dáurica no Baixo Miño.

  • Cartelería na praia de Camposancos.

  • Eurynebria complanata.

  • Primeira campaña de observación e fotografía das bolboretas do Baixo Miño.

  • Proxecto Larus.

  • Prácticas externas: Universidade e Ciclos Formativos.

  • Apuntes da nosa historia: Xuntanza ecoloxista na Guarda - 1989.

 O "Carrizal" tamén da conta da presenza de ANABAM nunha coñecida rede social, así como do feito de ser - a Asociación Naturalista "Baixo Miño" - pioneira nos estados español e portugués en deseñar medidas de protección real da píllara das dunas.

 Con todo, botamos en falla, non soio neste número, senón nalgún outro precedente, que xa non consta a colaboración do Concello de A Guarda, e coidamos que non é por omisión do director-coordinador (Agustín Ferreira Lorenzo), nin dos membros (Manuel Ángel Pombal Diego e Tomás García-Caballero) do consello editorial. 

 En calquer caso, con colaboración municipal ou sen ela, o "Carrizal" continúa informando do labor de observación, defensa, protección, estudo e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego-portugués, que dende súa fundación vén realizando ANABAM.

 E ademais, as persoas interesadas en publicar artigos nese boletin poden dirixirse a ANABAM por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com), ou WhatsApp (616 180 557).

Ningún comentario:

Publicar un comentario