CASTELAO grafista, na Casa dos Alonso
• Unha mostra de facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida, de Castelao
Infogauda / A Guarda
Na mañá deste venres 6 de setembro de 2024, na Casa dos Alonso - praza do Reló 5, (Concello de A Guarda) -, inaugurouse a exposición Castelao grafista. Acto que estivo presidido polo alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e ao que tamén asistiron Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Cultura e Deportes de A Guarda; María Teresa Cores Fernandez, coordinadora da Área Cultural de Afundación; José Luis Romero Quiroga e Juan Jesús González Fernández, coordinador institucional, e director da oficina de ABANCA, de A Guarda, respectivamente.
A mostra reúne reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida, de Castelao.
A exposición manterase aberta de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas ata o día 4 de outubro. Ademais, a exposición ten un carácter solidario coa iniciativa Cultura por Alimentos, pola cal se recollerán doazóns de alimentos á entrada do Concello.
A mostra abrirase tamén ás visitas dos colexios, aos cales se lles porá en disposición material didáctico desta exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario