2 de set. de 2024

A GUARDA

COA VII BAIXADA DE CARRILANAS, ARRANCOU A PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DAS MERCEDES, 2024  

• Foi un novo éxito, grazas ao número de participantes e a importante afluencia do público


Algúns dos vehículos participantes na VII Baixada de carrilanas Festas das Mercedes, 2024
Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo do éxito das dúas edicións precedentes, celebradas en 2022 e en 2023, no circuíto urbano comprendido entre a praza de Avelino Vicente e a rúa do Porto, na vila de A Guarda; a VII Baixada de Carrilanas Festas das Mercedes, 2024, volveu a ser un evento que logrou mobilizar a centenares de persoas de toda a comarca do Baixo Miño, que non quixeron perderse a proba, que por espazo de preto de 150 minutos, tivo lugar na tarde do pasado sábado día 31 de agosto.

 Cunha participación de 19 carrilanas e 7 triciclos, a VII Baixada de Carrilanas realizouse - logo dunha saída de recoñecemento do circuíto - duns 500 metros de lonxitude - establecido pola organización  - en dúas mangas por tempos, e finalmente unha gran final con todos os participantes xuntos.


Os condutores dos triciclos sorprenderon ao respectable público coas súas evolucións

Os labores de remolcado das carrilanas e triciclos participantes, causaron a ledicia dos numerosos asistentes

 Cun tempo de 01:05.60, os vencedores da VII Baixada de Carrilanas, foron Raúl Fernández e Francisco Ferreiro, coa carrilana Tronco Móbil.

 En 2º lugar, cun rexistro de 01:07.31, Xurxo Alonso e Sergio, coa carrilana Os do inferno.

 E a 3ª posición, cun crono de 01:11.43, foi para Yayo Méndez e Rubén Domínguez, coa carrilana A Perla Negra.

 Ademais dos trofeos as tres primeiras carrilanas clasificadas, tamén foron premiadas A Perla Negra, como a mais orixinal; e Os Sicasios, como a mais divertida. Eses premios foron elexidos polo público e os trofeos, doados pola Deputación de Pontevedra.

 Asemade, cada un dos participantes foi agasallado cunha medalla, unha bolsa e un chaveiro, conmemorativos; así como cunha gorra, doada polo Concello de A Guarda.

  Coa participación do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero e outros membros da corporación municipal, a organización fixo entrega dos correspondentes trofeos aos tres primeiros clasificados, así como medallas aos demais participantes, tanto en carrilanas como en triciclos.

 A organización da proba - Asociación Cultural e de Veciños O Percamino - Comisión de Festas das Mercedes, 2024 -, agradeceu á asistencia do numeroso público, así como ao Concello de A Guarda, Policía Local, personal municipal, GES de A Guarda, servizo de ambulancia, colaboradores no remolcado das carrilanas e triciclos, etc, facendo posible que unha proba desas características, cunha laboriosa loxística específica, e perfectamente coordinada; puidese realizarse con total éxito, malia que a néboa fixo acto de presenza e a temperatura ambiental baixou ata os 15 grados. 

 E tamén - moi importante, decímolo un ano máis -, que nas primeiras horas do domingo día 1 de setembro, todo o traxecto da baixada estivese perfectamente limpo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario