XV Torneo de cachiza
Celebrarase este sábado, 7 de setembro, ás 16:00 horas na rúa As Pozas (A Gándara)
Ricardo Rodríguez Vicente / A Gándara
A Asociación Cultural e Veciñal O Percamino, organiza e coordina o XV Torneo de cachiza. Ese evento - que conta coa colaboración do Concello de A Guarda - vai celebrarse o sábado día 7 de setembro, ás 16:00 horas, na rúa As Pozas (A Gándara).
As inscricións - que estarán abertas ata ás 15:30 horas dese mesmo sábado - realízanse por parellas e teñen un custo de 10€.
Haberá premios para as parellas que queden clasificadas en 1º e 2º lugar, que consistirán nun trofeo e unha cea, para cada unha das parellas.
Para máis información, están os teléfonos: 669 031 798 (Tebi) e 680 340 784 (Roge).
Cando entrará a cachiza no Dicionario da Real Academia Galega?
A cachiza - substantivo feminino que o Dicionario da Real Academia Galega ainda non recolle - é un xogo popular, tamén denominado billarda ou estornela, que - como refire a devandita fonte -consiste en dar cun pau noutro máis pequeno e rematado en punta nos extremos, que está colocado no chan, de xeito que se fai saltar e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que o despide a maior distancia.
Dito iso, preguntamos: cando entrará a cachiza no Dicionario da Real Academia Galega?
Non o sabemos. En todo caso, confiamos en que os doutos membros desa institución se dignen incorporar, sen demora, o devandito termo no Dicionario da RAG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario