A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU O BOLETÍN "CARRIZAL", Nº 20 - ÉPOCA II
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como xa indicamos oportunamente, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), publicou os boletíns "Carrizal", correspondentes aos seis bimestres de 2023 e o primeiro bimestre de 2024.
Dado que xa publicamos sendas recensións dos números 17, 18 e 19 do "Carrizal" - Época II, hoxe imos referirnos ao contido do nº 20, correspondente a xullo/agosto de 2023, que na súa portada leva a fotografía - da autoría do fotógrafo naturalista Luis Dorado Senra, de Fornelos (O Rosal) -, dun exemplar de Calopteryx virgo - que en Galicia é coñecido como Gaiteiro azul ou Cabaliño do demo azul -, unha especie de odonato zigóptero da familia Calopterygidae.
Nas páxinas interiores, ademais de figurar a composición da xunta directiva de ANABAM; datos de contacto coa asociación; importes das cotas de socios/as, etc., vemos os seguintes traballos:
• Estudo de aniñamento da andoriña das barreiras comunidade (Riparia riparia), no Baixo Miño, por Laura Díaz Lago e Julia González Escriche.
• Seguimento de niños de andoriña dáurica (Cecropis daurica) nas pontes das autoestradas do Baixo Miño, por María Comesaña Ledo e Jonás Fernández Velasco.
• Bases campaña de protección dos niños de andoriña no Baixo Miño.
• Apuntes da nosa historia:
A Guarda, vila libre de circos con animais.
Tamén figura un resumo das actividades previstas para xullo/agosto 2023.
Como se indica nesta interesante publicación, impresa en papel reciclado, e que os socios de ANABAM reciben de balde; "Carrizal" está parcialmente subvencionada polo Concello de A Guarda.
En vindeiras datas iremos informando doutros números do boletín Carrizal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario