24 de out. de 2023

VAL MIÑOR

Presentación "Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" e proxección de "Na pel da memoria" e "Dores" 

 O IEM remata o Mes da Memoria con dous actos: O xoves 26 no Liceo Marítimo de Baiona e o venres 27 no local do IEM




IEM / Val Miñor

 O próximo xoves día 26 de outubro ás 20:00h terá lugar, no Liceo Marítimo de Baiona, a presentacion do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, de Roberto Mera. O acto será presentado por Montse Rodríguez.


 

 Pechamos o mes da memoria ca proxección das curtometraxes "Na pel da Memoria" e "Dores" de Coral Piñeiro e Laura Piñeiro. O acto terá lugar o venres 27 de outubro ás 20:00h no local do IEM.  

 Laura e Coral Piñeiro son dúas irmás de 25 anos graduadas en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Santiago de Compostela. Laura especializada en Montaxe Cinematográfico pola Escuela Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya. 

 Despois de realizar a súa primeira curtometraxe documental “Dores”, selecionada na categoría DocsU do DocsBarcelona e premiada polo público no OUFF (Ourense Film Festival), dirixen parte da súa carreira ao acercamento do pasado e a memoria histórica ás novas xeracións, creando a Asociación Memoria e Cinema e coa súa segunda peza “Mariví, na pel da memoria”, premiada como mellor documental deno-ficción no Festival de Cans.

Ningún comentario:

Publicar un comentario