18 de out. de 2023

A GUARDA

TINO RODRÍGUEZ FRANCO EXPÓN CREACIÓNS DE ARTESANÍA EN CORTIZA

 Ata o 31 de outubro, na Casa do Concello de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde hoxe, día 18 de outubro e ata ao vindeiro día 31 deste mes, a Casa do Concello de A Guarda acolle unha exposición de obras de artesanía, feitas con tapóns de cortiza, da autoría de Argentino Rodríguez Franco (Tino). 

 Nesa mostra, o autor presenta reproduccións de inmobles (como unha vivenda castrexa, a antiga Casa do Concello e a Torre do Reloxo, unha casa forestal, ermidas - entre elas a da Virxe da Guía, en Ribadavila, e a da Virxe das Mercedes, na Gándara -, hórreo galego,,...); barcos mercantes, un "tronco-móvil", algún tractor,... 

 Como a creatividade de Tino Rodríguez non coñece límites, e a materia prima, ademais de ser totalmente natural, deulle unha nova vida reutilizándoa -, a exposición que presenta na Casa do Concello é un exemplo magnífico do que o ser humano pode facer. Se ten tempo e vontade para iso. É ademais, un xeito moi saudable de manter as facultades mentais e as neuronas activas.

 Entre a artesanía e a arte, Tino Rodríguez Franco bríndanos a oportunidade de contemplar súas creacións, inspiradas en todo aquilo que lle motiva e que afronta como un novo reto para darlle sentido ao seu merecido tempo de lecer.

 A exposición pódese visitar en horario de 9:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario