19 de out. de 2023

A GUARDA

A Casa dos Alonso vai acoller a cuarta sesión dos “Encontros en Familia” 

O vindeiro martes 24 de outubro de 19:30 ás 21:00h 




Infogauda / A Guarda

 Encontros en familia continúa o próximo martes día 24 de outubro, coa cuarta sesión: “O bo uso da tecnoloxía, Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que non te controlen a ti”. Nesta ocasión tratarase sobre a importancia de saber traballar coas novas tecnoloxías e sacarlles o máximo partido nunha sociedade en continua evolución. 

 Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.  

 O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.    

 Na súa organización tívose en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no municipio de A Guarda. 

 En total son 7 encontros. O primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do ciclo abordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo Moreno, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.   

PROGRAMA  

OUTUBRO          

24.10.23 

 “O bo uso da tecnoloxía. Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que elas non che controlen a ti .   

NOVEMBRO 

07.11.23 

• “Ruptura de parella. Moitas perdas e algunhas ganancias”.  

21.11.23  

 “O acoso escolar. Detección, prevención e intervención familiar.      

DECEMBRO 

12.12.23 

 “A afectación do duelo ás relaciones familiares. Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo”.  

 Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30 a 21:00h. 

 A entrada é libre ata completar aforo. 

 Para máis información chamar aos teléfonos: 

680 197 937 Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) e 986 614 507 Servizos sociais. 

Enderezo electrónico: educadora@aguarda.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario