19 de out. de 2023

A GUARDA

Partido da Liga Galega de Fútbol Gaélico 

Grovias FG vs Turonia GFG

 Este domingo 22, ás 18:30 no Campo Municipal da Sangriña




Infogauda / A Guarda

 Este domingo 22 terá lugar na Guarda un partido de fútbol gaélico pertencente a primeira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico en categoría feminina. Será ás 18:30 no Campo Municipal da Sangriña, enfrontándose a equipa local Grovias FG e Turonia GFG, de Gondomar.  

 Este partido suporá o debut en disciplina feminina da equipa do Baixo Miño. Animamos a toda a xente do Baixo Miño a que se acheguen até a Sangriña para coñecer este deporte e alentarnos nunha cita tan especial para nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario