15 de set. de 2023

O ROSAL

PROXECTO RÍOS 

“Móllate polos ríos” 

XVI LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS EN TODA GALICIA 




Asociación Forestal e de Educación Ambiental “A Jalleira” / O Rosal

 Unha ano máis, e despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea destes anos pasados, presentamos a XVI limpeza simultánea que será o domingo 24 de setembro de 2023. 

 Grazas á colaboración de 63 entidades, o pasado ano se retiraron máis de 8 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 955 voluntarias/os de 41 concellos en toda Galicia. O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde. 

 A Asociación Forestal e de Educación Ambiental “A Jalleira” en colaboración co Concello do Rosal e ca asociación ADEGA, realizará a coordinación da limpeza no río da Soberbia no Concello do Rosal, o punto de encontro será na ponte do Urgal ás 09:45h. 

 A actividade está aberta a todos os públicos. 

 Todas as persoas interesadas en participar poderán inscribirse enviando un correo electrónico a: ajalleira@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario