15 de set. de 2023

TOMIÑO

PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘O MIÑO SERENO’ 

Venres, 22 de setembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Goián 




Infogauda / Tomiño

 O auditorio municipal de Goián vai acoller o venres día 22 de setembro, ás 20:30 horas, a presentación e proxección de pezas documentais do libro interactivo ‘O Miño sereno’, de Lucía Laín. 

 Contarase coa participación de Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Rui Teixeira, presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira; e Lucía Laín, documentalista, guionista e comisaria de exposicións.

 Trátase dun acto para todos os públicos, con entrada de balde.

 Tratando de facer realidade o soño de Unamuno, o proxecto responde ao desexo de seguir o curso do río Miño, navegando polas súas páxinas dun xeito interactivo. Un diálogo enriquecedor entre as primeiras fotografías que se tomaron arredor do leito do río e os versos e reflexións que sobre el se depositaron.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario