10 de maio de 2023

A GUARDA

DETERIORO E ABANDONO EVIDENTE 





Espazo Común / A Guarda

 Cando nos inundan a casa con revistas e panfletos do “bo facer do Goberno Municipal” donde nos falan do gran resultado de catro anos na Alcaldía, vénnos á mente o evidente, visible e palpable  estado de abandono destas e outras zonas do noso pobo. As palabras mantemento, arranxo e reposición das zonas degradadas non están na práctica cotiá de quen manda.

 Praias sucias e abandonadas, pasarelas rotas, podres e onde cada pouco escoitamos comentarios das caídas de veciños e visitantes. 








 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, polo que aquí aportamos unha pequena selección do que dicimos máis arriba.

 Non queremos falar do espectáculo que atopan os peregrinos cando transitan por diversos lugares da vila. A Guarda non pode seguir así e é necesario un cambio de rumbo,  polo que o noso compromiso será sempre que este marabilloso pobo presente a mellor das súas galas, para que tanto os de aquí como quen nos visita poidan vivilas e disfrutalas durante todo o ano.  

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario