14 de abr. de 2023

A GUARDA

CONCERTO DO OBRADOIRO DE CANTO TRADICIONAL GALEGO "CANTARES DO BRUEIRO"

"Si cantan, es ti que cantas..."

 Domingo 23 de abril, ás 18:00 h., na igrexa parroquial de A Guarda


 

Constantino Baz Baz / A Guarda

 Con preto de dez anos de camiño, e máis de mil horas de aulas, o Obradoiro “Cantares do Brueiro”, fíxose guieiro de sí mesmo, e así deste xeito amigable, ten o pracer de convidarvos a este evento, o domingo día 23 de Abril, ás 18:00 horas, na igrexa parroquial da Guarda. 

 Agochando coidadosamente todos os argumentos estéticos para tal concerto, cantaremos neste espazo, que pola súa estrutura arquitectónica, ofrécenos marabillosamente ben, unha fermosa acústica para compartir convosco a graza do canto de noso…

Ningún comentario:

Publicar un comentario