31 de xan. de 2023

A GUARDA

Talleres sobre Educación para a Saúde 

 No CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián - Tomiño     


Alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián (Tomiño), participando nun dos talleres sobre educación e promoción da saúde 


Infogauda / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que durante este mes de xaneiro está a impartir diversos talleres sobre educación e promoción da saúde en todo o alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián (Tomiño).     

 Trátase do programa denominado Educación para a Saúde na Escola que conta cunha ampla traxectoria de execución nos centros educativos da comunidade e que están dirixidos, neste curso escolar, ao todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria. Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.     

 Entre os obxectivos destas actuacións cabe mencionar:  

- Educar para a saúde: coidado corporal e benestar emocional. 

- Ampliar coñecementos sobre a alimentación saudable. 

- Xestión e transformación de conflitos. 

- Saber afrontar os conflitos nas relacións interpersoais. 

- Incrementar a autoestima, o autocoñecemento e o sentido crítico.

- Potenciar unha elección de valores, actitudes e comportamentos saudables.     

 Esta acción, impartida por unha educadora social con ampla experiencia nesta área, atópase dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma continua no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte do alumnado aos que vai dirixido.  

 Para máis información, a xunta directiva de Érguete invita ás persoas interesadas a achegarse ás instalacións desa asociación (rúa Colón, 20 - Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda, visitar a páxina web www.erguete.org ou ben contactar nos teléfonos 986 61 44 07 / 640 08 63 76 ou no correo electrónico info@erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario