31 de xan. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda inicia os preparativos da XIV Gala do Deporte 2023  

• Ata o 9 de febreiro pódense enviar candidaturas ás diferentes categorías 


Imaxe de arquivo correspondente á XIII Gala do Deporte - Concello de A Guarda, celebrada en febreiro de 2020
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A concellería de Deportes do Concello de A Guarda, retoma neste ano 2023 a celebración da que será a XIV edición da Gala do Deporte guardés. Para poder recompilar a maior información posible e contar coa participación das entidades e clubes do municipio  solicítase que, dende os diferentes clubes, entidades e deportistas individuais se remitan as posibles persoas candidatas ao premio (poden tamén ser equipos), xunto aos seus respectivos méritos deportivos acadados no ano 2022.  

 As categorías premiadas no evento son xeralmente as seguintes: recoñecementos aos mellores deportistas do ano (masculino e feminino); recoñecemento á traxectoria deportiva; recoñecemento á mellor iniciativa deportiva; recoñecemento mellores equipos; recoñecemento á promoción e dedicación deportiva, etc.   

 Con todos os datos aportados, a comisión de valoración elaborará a listaxe de candidaturas aos galardóns deste ano.   

 O prazo para enviar esta información será ata o 9 de febreiro e os datos serán remitidos ao correo: informacion@aguarda.es   

 Se algunha persoa  con domicilio na localidade quere aportar algunha suxerencia ou proposta deberá enviala ao devandito enderezo electrónico.  

 Somentes serán valoradas aquelas que conten co máximo de información e ben fundamentadas e  verificadas. O prazo será o mesmo que para os clubes, o 9  de febreiro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario