O Circo de lume chegará á vila de A Guarda
• O evento muda de emprazamento e terá lugar este martes, día 3 de xaneiro, ás 18:00h na praza do Reló.
• A Cabalgata de Reis Magos será o xoves día 5 de xaneiro con percorrido polas parroquias, no casco urbano e recepción na Casa dos Alonso.
Infogauda / A Guarda
Con circo, a visita dos Reis Magos, a proba A Guarda Familiy Kids e a Carreira San Silvestre, o Concello de A Guarda rematará esta semana a programación de actividades do nadal.
Como prato forte da programación este martes día 3 de xaneiro, ás 18:00h., na praza do Reló, terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco.
Circo de Lume é un espectáculo de pura acción para tódolos públicos. Con emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo co público. Interpretado por Joâo Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con más de 13 anos de adestramento, conclúen nun espectáculo de efectos visuais impresionantes.
O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro, os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as rúas de A Guarda para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.
A Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.
A proba de obstáculos en familia A Guarda Familiy Kids, terá lugar na Alameda, o día 7 de xaneiro, ás 16:30h.
E para pechar a programación do Nadal, o domingo día 8 de xaneiro ás 11:00h terá lugar a Carreira San Silvestre, un evento que tívose que aprazar debido á climatoloxía adversa. Cunha distancia de 4 quilómetros, sairá dende a praza de Avelino Vicente para percorrer diferentes puntos do noso municipio.
PROGRAMACIÓN
XANEIRO
Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda Carteiros do Nadal
Días 3 e 4 de 17:00 a 20:00h. Día 5 de 11:30 a 14:30h.
Martes 3 de xaneiro na praza do Reló
Circo de lume ás 18:00h
Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas de A Guarda
Cabalgata e visita dos Reis Magos
Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
A Guarda Family Kids
Domingo 8 de xaneiro ás 11:00h
Carreira San Silvestre
Ningún comentario:
Publicar un comentario