17 de nov. de 2022

TUI

Acto cívico e social: “Sobredo na memoria 100 anos despois”  

TUI – Teatro Principal – 19 de novembro do 2022 (sábado) 

Hora de comezo: 19:00 hs.  




PROGRAMA  

Proxección – “Os Sucesos de Sobredo” 

Vídeo gañador do premio “De Escola a Escola”; TVE-Galicia 1991  

Música coral – Coro Galego Cantares do Brión, primeira parte.  

Mesa de conversa: Persoas/entidades iniciadoras actos en memoria dos Sucesos de Sobredo. 

Interpretación musical a cargo de Tomás Camacho. 

Recitado poético por Brais González. 

Intervención: Representación familiares dos Mártires de Sobredo. 

Intervención representación do Concello de Tui. 

Intervención representación do IEAMSo  

Clausura: Música coral – Coro Galego Cantares do Brión; segunda parte. 


IEAMSo / Tui

 O 28 de novembro cúmprense 100 anos dos Sucesos de Sobredo; até esa data, durante o verán e outono do ano 1922 Galicia vive unha mobilización social sen precedentes; a poboación labrega mobilizábase para esixir que se eliminara o pago dos foros, rendas sobre a terra con orixe en contratos de mais de tres centos ano de antigüidade; realizados nun réxime de señoríos, no que os beneficiarios eran a nobreza, a fidalguía e as entidades eclesiásticas.  

 O sistema foral, xa en pleno século XX e cun réxime administrativo municipal, seguía en paralelo cobrando rendas á poboación campesiña, que ao mesmo tempo tiña que facer fronte aos impostos públicos. A consecuencia de non pagar a renda do Foro polo San Martiño, unha vez feitas as colleitas, era o embargo de bens.   

 No final o mes de xullo do ano 1922 celebrase en Tui o Congreso Agrario Galego, no que participaron mais dun centenar de asociacións agrarias representado a toda Galicia; a resolución do Congreso foi non pagar os foros e iniciar unha campaña nos meses seguinte para a súa abolición.  

 A traxedia desencadease en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei, en Tui, cando o Xulgado realiza un embargo a un veciño que non pagou o foro. A Garda Civil disolve a tiros a concentración dunha multitude de persoas da contorna que, en solidariedade e para opoñerse ao embargo, acudiu a Sobredo guiada polo toque de campás das parroquias veciñas e foguetes ao ar.   

 A labrega Cándida Rodríguez González, natural de Pazos de Reis, municipio de Tui e os labregos Venancio González Romero, natural de Budiño e Joaquín Estévez Besada, natural de Soutelo, ámbolos dous do municipio de Salceda de Caselas, faleceron por disparos de armas de fogo; sucesos nos que así mesmo resultaron lesionadas, tanto feridas de bala e con contusións e mazaduras numerosas persoas. 

 É por todo isto que o Instituto de Estudios Agrario Mártires de Sobredo (IEAMSo) organiza este Acto cívico e social “Sobredo na memoria 100 anos despois”; ao que seguirán:  

Domingo, 27 de novembro, a partir das 11:00 hs, en Sobredo, conmemoración do Centenario. 

Luns, 28 novembro, ás 17:00 hs, nomeamento Rúa Mártires de Sobredo, acordado polo Concello de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario