JAVIER GONZÁLEZ E XOSÉ MANUEL MALHEIRO, PRESENTAN "RATAS EN MANHATTAN", DE FRANCISCO ÁLVAREZ (KOKI) E "GALICIA, CRÓNICA NEGRA", DE RAMÓN CARIDE
Na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
O sábado día 29 de outubro, ás 8 da tarde
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos contínúa coa súa axenda de actividades culturais. Dese xeito, ademais da súa exitosa proposta "Música e palabras", que cada primeiro venres de mes acolle na Casa Cultural (rúa Outeiro, 40 A - Camposancos) os acordes musicais de Bieito Álvarez e os relatos curtos, poemas, reflexións,..., de quen desexe partillalos coa fiel audiencia dese evento que é todo un referente na comarca; o sábado día 29 deste mes de outubro, ás 8 da tarde terán lugar as intervencións de Javier González, responsable de Ediciones Juglar, e o doutor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, profesor da Universidade de A Coruña. Nesta ocasión, o evento consistirá na presentación dos libros de narrativa "Ratas en Manhattan", de Francisco Álvarez Álvarez (Koki) e "Galicia, crónica negra", de Ramón Caride Ogando.

Ningún comentario:
Publicar un comentario