MEMBROS DO SINDICATO DE PENSIONISTAS E XUBILADOS DE COMISIÓNS OBREIRAS, DE ASTURIAS, CATALUNYA E GALICIA, PARTICIPARON NA OFRENDA NA FOSA COMÚN DE SESTÁS
Tamén asistiron o alcalde e membros da corporación municipal de A Guarda, e veciñanza da contorna
Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba
Infogauda / A Guarda
Un ano máis, facendo realidade o soño expresado no seu día por Xoán Noia Xil, cando exhortou aos membros da Unión Sindical de CC.OO. do Baixo Miño a dignificar o lugar onde se atopa a fosa común de Sestás - lugar para a memoria, que acolle os restos mortais de 49 homes que foron asasinados polos sublevados contra o Goberno da II República - e que fose un espazo de respecto e de encontro; este xoves día 20 de outubro, tivo lugar a tradicional ofrenda que as mulleres e homes da Federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras de Galicia, veñen realizando anualmente. Nesta ocasión, ademais de membros da Unión Comarcal de CC.OO. de Vigo - Baixo Miño, e compoñentes do Coro Cantos de Liberdade, tamén houbo sendas representacións de mulleres e homes procedentes de Asturias e de Catalunya.
Tamén asistiron o alcalde, membros da corporación municipal e veciñanza de A Guarda e súa contorna.
Posteriormente, na Casa dos Alonso tivo lugar unha charla-coloquio sobre o campo de concentración que os rebeldes franquistas habilitaron no vello colexio dos xesuitas, de A Pasaxe (Camposancos). Dese xeito, as persoas asistentes a ese acto, foron informadas con detalle, en canto a datos e circunstancias, referidos as persoas que estiveron prisioneiras nese lugar, cualificado como "A Porta do Inferno".









Ningún comentario:
Publicar un comentario