O BNG REITERA QUE A VIABILIDADE DA PISCINA PASA POLA SÚA REFORMA INTEGRAL
Anxo Lois Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda):”O BNG fará todos os esforzos posíbeis para que se manteña o servizo da piscina”
Infogauda / A Guarda
"O BNG reitera a necesidade de levar adiante unha reforma integral da piscina municipal. Esta demanda presentada no pleno do Concello no mes de maio do 2021 polo BNG sigue sendo a chave para manter este servizo", afirman os nacionalistas.
"O deterioro provocado na piscina polo paso dos anos acompañado dun mantemento deficitario como indica a auditoría técnica encargada polo propio Concello fai que a instalación a día de hoxe estea obsoleta", sinalan desde o BNG de A Guarda.
Asemade, os nacionalistas consideran "necesario acometer un proxecto de reforma integral onde se atendan tanto as carencias arquitectónicas do edificio como aquelas de carácter enerxético que fagan viábel esta infraestrutura".
O BNG lamenta tamén "que o goberno do PSOE non fixera un estudio económico comparativo que determinara se é máis vantaxoso para o Concello, para as usuarias e usuarios e para as traballadoras, a municipalización do servizo ou unha nova licitación" como demandaron os nacionalistas no seu momento.
Con todo, o portavoz do BNG no Concello de A Guarda Anxo Lois Baz Vicente indicou que os nacionalistas farán "todos os esforzos posíbeis para manter o servizo da piscina".

Ningún comentario:
Publicar un comentario